Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como didáctica

Sesión debate 8/3/2018

Imagen
Nesta última sesión co ambas docentes tivemos unha serie de debates en grupos sobre temas tan importantes como as características que debería ter un bo docente, pero tamén que afectan directamente á nosa ensinanza: o uso da lingua materna na clase de lingua estranxeira e o uso da tecnoloxía, esencialmente os teléfonos, nas nosas aulas. En canto ás características do corpo de docentes, as ideas que máis se repetiron e que coinciden coas miñas propias serían: unha formación continua e interese pola súa materia e a comunidade educativa; manter e saber comunicar un respecto mutuo principalmente entre alumnado e profesorado; a vocación, unha característica que, como xa establecín en outras publicacións, paréceme totalmente esencial nesta profesión; a empatía cara o alumnado; e que sexa un bo transmisor. Creo que en xeral todo o grupo estivemos de acordo nas características que un bo docente debe ter. Pareceume moi interesante o vídeo de What makes a good teacher? porque tamén puidemos...

Entrada sesión Ana Fontenla e Luz Valencia (7/02/2018)

Na sesión do mércores día 7 de febreiro tivemos a aula partida entre as dúas docentes. Comezamos con Ana Fontenla tratando os temas dos auxiliares de conversa e a metodoloxía AICLE ou CLIL. Con respecto aos auxiliares de conversa creo que son moi útiles para crear unha mínima inmersión lingüística dentro da clase. O alumnado síntese máis preto da L2 grazas a estas persoas estranxeiras, ademais pode apoiar ao profesorado por exemplo en materia de vocabulario específico ou slang. Lembremos que somos docentes e non diccionarios andantes, nunca imos chegar a saber todo o vocabulario e por iso os auxiliares de conversa poden axudarnos a facer máis completa a nosa práctica docente.  Por outro lado, en canto á metodoloxía AICLE ou CLIL, aínda non teño moi clara a miña opinión, creo que é unha metodoloxía innovadora que só pode funcionar se a aplicamos dun xeito correcto. Segundo o que eu creo, a utilización dunha lingua estranxeira nunha materia non específica de linguas pode axudar ...

Terceira Entrada Luz Valencia (06/02/18)

Imagen
Nesta terceira sesión coa docente Luz Valencia centrámonos na produción escrita ou máis coñecida como writing . Para introducir esta competencia, debatemos sobre se en realidade existen tan só 4 skills (writing, reading, listening e speaking). Creo que non só se trata de traballar as 4 competencias básicas dunha lingua estranxeira, senón que vai máis alá. Por exemplo dentro da habilidade ou competencia de speaking debemos ter en conta a interacción e mediación que esta habilidade conleva e require. Non só se trata de falar na lingua estranxeira, senón que o alumnado ten que ser capaz de comunicarse adecuadamente, e aquí non só entra a comunicación oral, tamén inflúe en como comunicamos co noso corpo. Polo tanto, sempre debemos de ter en conta que cando estamos traballando algunha desas 4 skills , estamos a traballar moitos aspectos que inflúen nestas, así á hora de realizar unha actividade ou tarefa todas estas variantes deben estar presentes en maior ou menor medida. Por outro l...

Actividade a partir dunha imaxe (Luz Valencia)

Imagen
Benvidas e benvidos de novo ao meu blogue, Primeiro gustaríame desculparme pola tardanza coas publicacións e agardo que desfrutedes da miña próxima actividade. A primeira tarefa que fixen para a docente Luz Valencia basease na campaña que existe hoxe en día da proclamación das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade. Nesta actividade o noso obxectivo era traballar a competencia oral do alumnado introducindo o termo de patrimonio da humanidade para finalizar cun debate sobre os puntos a favor e en contra de proclamar as Illas Cíes con esta distinción. Menciono brevemente esta actividade posto que me gustaría relacionar esta segunda tarefa coa primeira. Tras debater e pensar sobre o tema a miña proposto sería a seguinte: A tarefa divídese en dúas partes ben diferenciadas, nunha primeira parte continuaremos a traballar co termo de patrimonio da humanidade, en relación cos lugares así declarados en toda Galicia; creación dun roleplay. Esta tarefa realizarase en mínimo tres sesión...

Segunda sesión Luz Valencia

Bos días a todas e a todos! Nesta publicación reflexionarei sobre a segunda sesión coa docente Luz Valencia, que corresponde ao mércores 31 de xaneiro. Primeiro dicir que nesta segunda aula traballamos con infinidade de actividades. Unha das actividades que me pareceu máis interesante foi o crossword que fixemos en relación aos datos curiosos que aportamos o primeiro día coa docente Ana Fontenla. Creo que é unha maneira moi adecuada de conectar co e ao alumnado entre eles e elas. Este é un dos moitos exemplos de actividades que podemos levar a cabo para involucrar ao alumnado, facer que as relacións entre alumnado-profesorado-alumnado sexa moito máis persoal. Como xa teño establecido en outras publicacións de este blogue, e que non me cansarei de repetir, creo que é máis que esencial crear un ambiente e unha dinámica de clase que faga que o alumnado se sinta cómodo para ser libre de participar e de expresar as súas opinións. Ademais, é unha maneira de crear un vínculo tanto entre ...

Terceira Sesión Ana Fontenla

Imagen
Hoxe publico a terceira entrada correspondente á sesión coa docente Ana Fontenla do martes 30 de xaneiro. Nesta terceira aula tratamos diversos temas, algúns xa coñecidos como as actividades de warmup. Sen embargo houbo dous aspectos que tratamos ao longo da sesión e que me parecen moi interesantes e importantes para a nosa práctica docente. Por un lado saíu unha serie de temáticas moi actuais: as diferentes variables que poden afectar a unha ensinanza de calidade, como poden ser o acceso desigual que poden ter o alumnado aos recursos económicos ou dixitais e o coidado que debemos ter cos diferentes trastornos da alimentación que poden presentar unha cantidade importante de adolescentes na actualidade. Creo que a medida que as xeracións de alumnado cambian e evolucionan enfrontámonos a situacións que cada vez se fan máis e máis complicadas cando as queremos enfrontar na aula. Sen embargo,  na miña opinión estas situacións complicadas poden ter dúas razóns: un profesorado pouco int...

Segunda Sesión Ana Fontenla

Imagen
Na segunda sesión coa docente Ana Fontenla tratamos diversos temas: os xa coñecidos warmup ou bellwork, a compresión escrita, o concepto de indefensión aprendida. De novo tratouse de facer unha sesión a través de actividades prácticas que amosan de forma máis clara as diferentes metodoloxías e perspectivas que podemos adoptar. Como xa teño recalcado, creo que é de grande importancia, tal e como afirma sempre a propia docente, crear un ambiente que motive ao alumnado, polo tanto as actividades de warmup e bellwork poden propiciar ese contexto motivador.  Centrándonos na comprensión escrita, pareceume moi interesante dúas actividades que fixemos: The 3 minute test e o texto de means of transport . Ambas poden servirnos de exemplo para realizar actividades similares sobre comprensión escrita para axudar así ao alumnado a ter unha perspectiva distinta sobre os coñecidos readings . Con isto quero dicir que se o alumnado se atopa cun texto que lles frusta, que non entenden ou que...

Tarefa Competencias Clave. Illas Cíes, World Heritage

Imagen
Como ben establecín na primeira entrada para a docente Luz Valencia, esta segunda publicación estará adicada á tarefa que se nos encomendou de deseñar unha actividade na que se traballen polo menos dúas competencias clave ademais da competencia lingüística. Posto que nos atopamos estudando na cidade de Vigo, poderíamos traballar de infinidade de maneiras tendo en conta o patrimonio histórico da cidade. Hai diversas maneiras das que podemos comezar a nosa activadade en relación con: a evolución da estructura da cidade, o porto internacional en desenvolvemento continuo e os diversos cruceiros que se achegan a estas costas, así como en relación cos edificios e localizacións históricas como poden ser O Castro, O pazo de Quiñones de León, ou incluso con eventos de grande importancia como a presenza do Pergamiño Vindel na cidade.  Nesta caso gustaríame aproveitar un evento que está cobrando cada vez máis importancia na cidade: a candidatura que se pretende levar das Illas Cíes como ...

Primeira Sesión Luz Valencia

Imagen
Benvidas e benvidos de novo a este pequeno blogue, hoxe comezarei coa primeira entrada para a docente Luz Valencia. Gustaríame comezar facendo unha breve reflexión sobre a aula a nivel xeral, para despois centrarme nos aspectos que me pareceron máis interesantes. Polo tanto, a modo de inicio e como teño establecido na anterior entrada para a docente Ana, quero remarcar a grande importancia de contar con docentes que imparten en secundaria. O motivo do meu interese, como da maioría das compañeiras, débese a que cobra unha gran relevancia ter exemplos directos das diferentes prácticas que podemos adoptar e ás que nos vamos enfrontar no noso futuro. Ademais, na miña opinión é o achegamento máis directo que temos da realidade dunha clase, aportándonos coñecementos prácticos e facendo, polo menos no meu caso, que teñamos unha maior seguridade á hora de utilizar diferentes metodoloxías e recursos que nos poden axudar unha vez comecemos as prácticas no mes de febreiro. Os puntos qu...

Sesións Gonzalo: Didáctica da ensinanza das linguas estranxeiras. Diario

Imagen
Para comezar esta derradeira entrada do apartado Diario para o docente Gonzalo na materia de Didáctica, gustaríame dicir que estas dúas sesións parecéronme moi interesantes porque se trataron temáticas que xa eran coñecidas pola maioría da clase, mais resolvéronse dúbidas e aclaráronse conceptos que non sempre estan do todo claros. Un exemplo disto foi a terminoloxía que tratamos en relación cos diferentes tipos de linguas e coas comunidades lingüísticas e de lingua.  Un aspecto que me pareceu moi interesante de ambas sesións foron os diferentes tipos de actividades que se utilizaron: o placemat activity e o diagrama de Venn . Creo que estas dúas maneiras de traballar foron moi adecuadas para o contexto no que nos atopábamos, pero tamén nos pode axudar a realizar actividades similares na nosa propia práctica docente. Isto creo que se debe principalmente á creación dos continuos debates derivados destas metodoloxías de traballo, que dependendo do nivel e do tipo de a...

Sesión Gonzalo: Didáctica da ensinanza das linguas estranxeiras. Dossier

Imagen
PRIMEIRA SESIÓN Na primeira sesión co docente Gonzalo Fontenla comezouse cunha introdución da derradeira materia do mestrado. Tras a presentación, fixemos por primeira vez unha actividade utilizando o diagrama de Venn para proceder a debater as similitudes e diferenzas entre a lingua materna e a lingua estranxeira. Este diagrama componse de dous círculos sobrepostos que nos deixan tres ocos para establecer as devanditas similitudes e diferenzas que completamos en grupo, posteriormente debatendo os nosos resultados con outro grupo. A continuación podemos atopar os resultados da actividade co diagrama.    Xa   rematado o debate co diagrama, o docente procedeu a definirnos as linguas segundo do contexto de aprendizaxe, así diferenciamos os seguintes conceptos: ·          Lingua inicial: a primeira lingua que un neno ou unha nena adquiren antes da etapa escolar e de maneira inconsciente sen ningún tipo de intención ...