Actividade a partir dunha imaxe (Luz Valencia)

Benvidas e benvidos de novo ao meu blogue,
Primeiro gustaríame desculparme pola tardanza coas publicacións e agardo que desfrutedes da miña próxima actividade.

A primeira tarefa que fixen para a docente Luz Valencia basease na campaña que existe hoxe en día da proclamación das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade. Nesta actividade o noso obxectivo era traballar a competencia oral do alumnado introducindo o termo de patrimonio da humanidade para finalizar cun debate sobre os puntos a favor e en contra de proclamar as Illas Cíes con esta distinción. Menciono brevemente esta actividade posto que me gustaría relacionar esta segunda tarefa coa primeira. Tras debater e pensar sobre o tema a miña proposto sería a seguinte:

A tarefa divídese en dúas partes ben diferenciadas, nunha primeira parte continuaremos a traballar co termo de patrimonio da humanidade, en relación cos lugares así declarados en toda Galicia; creación dun roleplay. Esta tarefa realizarase en mínimo tres sesións e está deseñada para 1º ou 2º de bacharelato.

  • Recursos e materiais audiovisuais:











  • Desenvolvemento actividade:
Nesta primeira parte traballaremos cos tres lugares galegos considerados Patrimonio da Humanidade. Comezaremos preguntándolle ao alumnado se lembran o debate que tivemos na anterior sesión onde tiveron que enfrontarse dous grupos a favor e en contra da proclamación das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade.  Posteriormente, preguntarémoslles tamén se coñecen algún lugar en Galicia (ou en España se non saben) que teñen esta distinción, axudarémonos coas tres imaxes que aparecen arriba intentado facelos participar por exemplo, se algún recoñece as imaxes ou incluso estivo neses lugares. Unha vez finalizada esta introdución tentaremos que o alumnado se divida en grupos (se é posible faranos eles mesmos, senón tentaremos facer grupos onde mesturaremos alumnado de todos os niveis), os grupos serán tres distintos a ser posible e procederán a buscar información do por que da proclamación destes lugares como Patrimonio da Humanidade. 

Como traballo para fóra da aula, pediremos que en parellas ou grupos de tres escollan un lugar non declarado como Patrimonio da Humanidade, pero que consideren de importancia histórica e cultural como para que adquiran esta distinción. Posto que xa traballamos coas Illas Cíes, pediremos localizacións distintas. No caso de ter alumnado inmigrante, sería interesante que traballasen con lugares da súa zona. Esta actividade ten unha dificultade bastante alta, polo tanto faríase en dúas sesións, incluso tres, dependendo de como avance o alumnado. Ademais, no caso de ter imaxes propias onde aparezan estes monumentos servirían para darlle unha maior personalización e un maior achegamento ao alumnado. Como alternativa para o traballo fóra da aula podemos ensinarlles as nosas imaxes de lugares de importancia histórica como por exemplo:


Na segunda parte da actividade o noso obxectivo será que o alumnado presente á clase o lugar escollido para a candidatura de Patrimonio da Humanidade. Esta parte da actividade será un roleplay onde unha parte do alumnado dará razóns polo que o seu lugar merece ser patrimonio, mentres que o resto da clase terá que pensar en preguntas para facerlle ao grupo ou argumentos en contra da súa proposta. 

En xeral esta actividade é dun nivel intermedio-alto, aínda así o alumnado non precisa utilizar un vocabulario excesivamente específico e de alto nivel, posto que o noso obxectivo é que o alumnado se sinta cómodo expresando a súa opinión e as súas ideas.

Comentarios

  1. É unha actividade moi interesante, en realidade é máis, é unha tarefa ou mini-project! Si todos os pasos están ben deseñados e controlados, como parece, pode resultar moi ben. Ese role play final podería pensarse en plan de rolda de prensa onde as persoas que den as respostas sexan representantes da candidatura e os outro periodistas, por exemplo. Memso poderíase grabar esa sesión e visionala logo para ver acertos e erros. Moi boa.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Primeira Sesión Ana Fontenla

Terceira Entrada Luz Valencia (06/02/18)

Sesión debate 8/3/2018