Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como sesión introdutoria

Sesión Introdutoria

Imagen
Nesta primeira sesión o docente procedeu a facer unha introdución sobre os obxectivos e contidos xerais da materia de As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional. Algúns dos elementos dos que versaremos ao longo das sesión con este docente atópanse: políticas lingüísticas da Unión Europea, a política lingüística do estado español e da comunidade autónoma de Galicia, os sistemas de acreditación lingüística oficiais como o Marco Común Europeo de Referencia de Linguas ou a atención á diversidade lingüística. Ademais, as catro facetas a desenvolver durante este curso serán: informativa, reflexiva, innovadora e orientadora. Poderíase dicir que o obxectivo final da materia é capacitar ao alumnado para adquirir as capacidades e habilidades para aplicar os coñecementos aprendidos nesta materia á práctica docente. Nesta sesión introdutoria comentamos os distintos factores contextuais que inflúen no proceso de ensinanza-aprendizaxe de linguas estranxeiras, entres ...