Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como eduardo

Tema 3

Imagen
O traballo por proxectos é unha metodoloxía que permite e aporta ao proceso de ensinanza-aprendizaxe unha perspectiva moito máis dinámica e centrada no alumnado. Esta metodoloxía pon ao alumno ou alumna no centro de todo o proxecto a realizar, mentres que o profesorado é un simple mediador entre a información necesaria e a estruturación de cada actividade do proxecto. Por un lado, os proxectos fan que o alumnado desenvolva as máis que coñecidas competencias básicas, tales como: competencia dixital, aprender a aprender ou a de autonomía e iniciativa persoal (Arias et al., 2009). Por outro lado, permite ao profesorado implicar dunha forma activa ao alumnado na construción do propio coñecemento aplicando situacións reais que permitan valorar as experiencias e os coñecementos aplicados polo alumnado. Ademais, tamén facilita a propia motivación do alumnado, permitíndolles crear un proxecto dende cero tendo en conta as súas necesidades e os seus intereses. Polo tanto queda claro a cantidad...

Tema 2: O ensino de linguas no presente modelo edutativo, nacional e autonómico.

Imagen
Esta terceira sesión da materia As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional , tratamos o tema 2: O ensino de linguas no presente modelo edutativo, nacional e autonómico. Principalmente centráomonos no contexto que roeadn ao proceso de ensino e aprendizaxe das diferentes linguas estranxieras. Debemos ter sempre en conta que a docencia non só se ve influenicada polo contexto inemdiato, senón que depende en gran maneira das promulgacións que fagan as administracións con respecto ás linguas estranxeiras. Dentro destas adminsitracións destacan en maior medida: a Unión Europea e o Marco común europeo de referencia para as linguas; as lexilascións do Ministerio de educación e as da Consellería de educación e ordenación universitaria de Xunta de Galicia.Todo este contexto normativo e lexislativo deriva unha serie de problemáticas relacionadas con todos os axentes educativos, tales como: as situacións familiares a nivel social e económico, a diversidade de alumnado que obriga ...

Tema 1: Marco Común Europeo de Referencia para as linguas.

Imagen
Nesta segunda sesión da materia de As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional tratamos máis en detalle os puntos máis fundamentais do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas . O MCERL é un proxecto europeo que pretende unificar e igualar os sistemas educativos nacionais en canto á formación, titulacións, metodoloxía e centros. Este marco céntrase principalmente na coñecida competencia lingüística e comunicativa sempre defendendo o multilingüismo perante o hexemónico bilingüismo. O seu obxectivo é mellorar a aprendizaxe das linguas estranxeiras, centrándose no seu contexto e os métodos a utilizar. Este marco desenvólvese nun contexto cada vez máis globalizado, que cada vez require máis a interculturalidade e a cooperación e colaboración entre estados. Este contexto é o principal causante da creación do MCERL, para así conseguir ter unhas referencias comúns a nivel europeo en canto a metodoloxías, avaliación e certificación de títulos . En rel...

Sesión Introdutoria

Imagen
Nesta primeira sesión o docente procedeu a facer unha introdución sobre os obxectivos e contidos xerais da materia de As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional. Algúns dos elementos dos que versaremos ao longo das sesión con este docente atópanse: políticas lingüísticas da Unión Europea, a política lingüística do estado español e da comunidade autónoma de Galicia, os sistemas de acreditación lingüística oficiais como o Marco Común Europeo de Referencia de Linguas ou a atención á diversidade lingüística. Ademais, as catro facetas a desenvolver durante este curso serán: informativa, reflexiva, innovadora e orientadora. Poderíase dicir que o obxectivo final da materia é capacitar ao alumnado para adquirir as capacidades e habilidades para aplicar os coñecementos aprendidos nesta materia á práctica docente. Nesta sesión introdutoria comentamos os distintos factores contextuais que inflúen no proceso de ensinanza-aprendizaxe de linguas estranxeiras, entres ...