Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2017

Comentarios blogues

Imagen
Os comentarios que fixen atópanse en tres blogues distintos: O primeiro comentario atópase no blogue da miña compañeira Lorena, na súa entrada  TEMA 5 (Diario): As Programacións didácticas O segundo comentario atópase no blogue da compañeira Andrea, na súa entrada: Tema 7-8 (Diario). O ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras en países da nosa contorna. //As linguas estranxeiras como fenómeno global. Experiencias educativas non-europeas Finalmente, o terceiro comentario atópase no blogue da compañeira Sara, na súa entrada: Tema 6. Secciones bilingües y plurilingües. Metodología CLIL/AICLE. Los proyectos lingüísticos de centro. Diario.    

Tarefa virtual: Presentación

Imagen
Mediante este traballo virtual sobre as metodoloxías de traballo pedagóxico-didácticas nunha aula, pedíusenos investigar dúas destas metodoloxías e crear dúas tarefas en relación á Unidade Didáctica que creamos na materia de Deseño Curricular e Organización de Centros. Pareceume interesante contrapoñer dúas metodoloxías que se asemellan moito: o traballo por tarefas e o traballo por proxectos.  Por un lado, o traballo por tarefas baséase na utilización de diversas actividades nun contexto real e concreto para a obtención dun produto final claro. Isto en palabras sinxelas, poderíase resumir na adquisición dun coñecemento en concreto a través de actividades que teñen unha secuenciación clara e concisa, pola cal o alumnado vai adquirir un coñecemento concreto. En definitiva, trátase dunha metodoloxía moi utilizada na actualidade polos seus grandes resultados e que se pode aplicar dunha maneira moi positiva ao proceso de aprendizaxe e ensino de linguas.   Polo seu lado, o

Temas 7 e 8. Diario

Imagen
O que creo que foi máis interesante destas últimas sesións da materia de As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional , foi a comparativa que se fixo cos diferentes países europeos. Creo que na actualidade o sistema educativo español conta con un gran número de deficiencias, xa non só nas materias de linguas estranxeiras, senón que creo que é un problema de base como xa establecín en varias ocasións. Hai diversos factores que poden influír na calidade dun sistema educativo, dende as metodoloxías que se utilizan, pasando polo valor que se lle dá ao papel do profesorado, ata as condicións nas que se desenvolve o proceso de ensinanza-aprendizaxe. Está claro que se debe levar a cabo unha reforma educativa pero, baixo que condicións? Debemos tomar como exemplo outros países? Os países nórdicos son coñecidos a nivel mundial pola grande calidade de toda a súa educación, sen embargo non todos os sistemas precisaron de reforma. Un exemplo moi claro é o de Finlandia, un país

Traballo virtual: Traballo por tarefas.

Un exemplo ben claro do traballo por tarefas podería ser o seguinte, unha tarefa sinxela cunha serie de actividades que levan unhas a outras. Neste caso, tentando saír do dinamismo da materia de primeira lingua estranxeira, procederemos a crear un glosario relacionado coa perspectiva de xénero e os micromachismos , con motivo do 25 de novembro polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O produto final que se busca é a creación dun vídeo con toda a terminoloxía que se recolla ao longo da tarefa. Ademais, ao tratarse dun tema de tanta importancia poderiamos utilizar este exemplo e aplicalo en calquera curso da Educación Secundaria Obrigatoria ou Bacharelato. O primeiro paso que debemos levar a cabo é a explicación de todo o proceso ao alumnado, amosándolles os recursos básicos a utilizar (bibliografía, webgrafía , etc...). A continuación, pedirémoslle ao alumnado que dea a súa opinión sobre temas tan controvertidos, tentando que sexan capaces de aportar unha opinión, d

Tarefa virtual: Traballo por proxectos

Un claro exemplo do traballo por proxectos podería ser o blogue que desenvolvín ao longo da miña Unidade Didáctica que chamei: The World We Live, The World We Know . Esta unidade didáctica esta formada por un proxecto interdisciplinar entre tres materias: Inglés, Tecnoloxía e Xeografía e Historia; ademais o contexto no que se desenvolve é unha clase de 4º curso da ESO nun aula de 20 alumnos e alumnas. Mais aquí ímonos centrar nas tarefas da nosa materia de linguas estranxeiras, que conta con sete tarefas distintas, que á súa vez teñen as súas correspondentes actividades. Mediante esta UD o que se pretende é que os rapaces creen un blogue sobre os puntos máis interesantes dunha cidade europea así como da súa propia vila, neste caso trataríase da vila de Noia.  Ademais, a través desta UD traballaremos, na materia de Tecnoloxía, as diferentes formas de crear un blogue; na materia de Xeografía e Historia, a historia dos países anglófonos, a arte e a cultura galegas e faremos un ro

Temas 7 e 8. Dossier

Imagen
 Os temas 7 e 8 tratáronse nas últimas dúas sesión que tivemos co docente Gonzalo. Mais antes rematamos o tema 6 mediante un debate piramidal sobre as conexións que existían entre os departamentos lingüísticos das distintas linguas en educación secundaria, finalizando cunha presentación da nosa compañeira Laura sobre o Proxecto lingüístico de centro. Volvendo aos temas que nos incumben, na primeira sesión utilizamos de novo o debate piramidal sobre as metodoloxías que se utilizaron ao longo da nosa educación secundaria nas materias de linguas estranxieras. Neste caso a maioría das opinións sempre se utilizaron as metodoloxías centradas no ensino da gramática inglesa, mediante exercicios de repetición, memorización e métodos tradicionais. Posteriormente, o docente Gonzalo presentounos mediante a plataforma Prezi para achegarnos un pouco máis ás distintas metodoloxías que se poden utilizar nunha aula de secundaria.   A continuación, analizamos o coñecido método Ferrier cun

Tema 6. Diario: EDUlingüe 2020

Imagen
Un tema que me provocou unha grande inquedanza en relación co tema 6 do docente Gonzalo, foi o proxecto Edulingüe que pretende levar a cabo a Xunta de Galicia para o ano 2020. Isto débese a que todo o texto me parece unha pretensión utópica que, tendo en conta a realidad social actual de Galicia, me parece imposible de levar a cabo. Como xa dixen en infinidade de ocasións, a teoría no papel pode quedar moi bonita, mais a práctica é un tema totalmente diferente. Está claro que o ensino de idiomas é clave na educación de todo o alumnado galego, e que nun mundo onde reina unha economía capitalista e glozabalizada cada vez é máis necesario coñecer todo o que nos rodea, tanto culturas como idiomas distintos, para así despois poder ter un futuro laboral con moitas máis posibilidades. Pero na miña opinión non se pode pretender levar a cabo un proxecto tan ambicioso se a realidad do contexto non o permite. Primeiramente, creo que isto é totalmente imposible posto que na Galiza actua