Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como sesion1

Tema 4: O deseño curricular. Dossier

Imagen
 Nesta primeira sesión co docente Gonzalo Constenla presentóusenos brevemente os contidos que trataríamos ao longo das sesións desta materia. Posteriormente realizamos catro actividades diferentes en relación co tema 4: o deseño curricular. Por un lado, a primeira actividade consistiu en levar a cabo un debato piramidal sobre que parte da materia consideramos máis importante ou interesante. Esta actividade comezou cun debate en parella e foi incrementando o número de persoas integrantes do grupo ata chegar ao que consideramos o grupo-clase, no que foi un tanto complicado chegar a un acordo sobre a temática máis importante desta materia. Por outro lado, a segunda actividade foi un segundo debate piramidal no que nos centramos na pregunta " Que é o currículo? ", no que obviamente tratamos a programación e o deseño curricular e todos os seus elementos. Esta forma de traballo pareceume bastante interesante posto que podemos contrastar diferentes ideas e incluso chegar a ca...

Tema 1: Marco Común Europeo de Referencia para as linguas.

Imagen
Nesta segunda sesión da materia de As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional tratamos máis en detalle os puntos máis fundamentais do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas . O MCERL é un proxecto europeo que pretende unificar e igualar os sistemas educativos nacionais en canto á formación, titulacións, metodoloxía e centros. Este marco céntrase principalmente na coñecida competencia lingüística e comunicativa sempre defendendo o multilingüismo perante o hexemónico bilingüismo. O seu obxectivo é mellorar a aprendizaxe das linguas estranxeiras, centrándose no seu contexto e os métodos a utilizar. Este marco desenvólvese nun contexto cada vez máis globalizado, que cada vez require máis a interculturalidade e a cooperación e colaboración entre estados. Este contexto é o principal causante da creación do MCERL, para así conseguir ter unhas referencias comúns a nivel europeo en canto a metodoloxías, avaliación e certificación de títulos . En rel...