Traballo virtual: Traballo por tarefas.
Un exemplo ben claro do traballo por tarefas podería ser o seguinte, unha tarefa sinxela cunha serie de actividades que levan unhas a outras. Neste caso, tentando saír do dinamismo da materia de primeira lingua estranxeira, procederemos a crear un glosario relacionado coa perspectiva de xénero e os micromachismos , con motivo do 25 de novembro polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O produto final que se busca é a creación dun vídeo con toda a terminoloxía que se recolla ao longo da tarefa. Ademais, ao tratarse dun tema de tanta importancia poderiamos utilizar este exemplo e aplicalo en calquera curso da Educación Secundaria Obrigatoria ou Bacharelato. O primeiro paso que debemos levar a cabo é a explicación de todo o proceso ao alumnado, amosándolles os recursos básicos a utilizar (bibliografía, webgrafía , etc...). A continuación, pedirémoslle ao alumnado que dea a súa opinión sobre temas tan controvertidos, tentando que sexan capaces de aportar unha opinión, d...