Entrada sesión Ana Fontenla e Luz Valencia (7/02/2018)

Na sesión do mércores día 7 de febreiro tivemos a aula partida entre as dúas docentes. Comezamos con Ana Fontenla tratando os temas dos auxiliares de conversa e a metodoloxía AICLE ou CLIL. Con respecto aos auxiliares de conversa creo que son moi útiles para crear unha mínima inmersión lingüística dentro da clase. O alumnado síntese máis preto da L2 grazas a estas persoas estranxeiras, ademais pode apoiar ao profesorado por exemplo en materia de vocabulario específico ou slang. Lembremos que somos docentes e non diccionarios andantes, nunca imos chegar a saber todo o vocabulario e por iso os auxiliares de conversa poden axudarnos a facer máis completa a nosa práctica docente. 

Por outro lado, en canto á metodoloxía AICLE ou CLIL, aínda non teño moi clara a miña opinión, creo que é unha metodoloxía innovadora que só pode funcionar se a aplicamos dun xeito correcto. Segundo o que eu creo, a utilización dunha lingua estranxeira nunha materia non específica de linguas pode axudar ao alumnado a coñecer a lingua fóra dunha aula de idiomas e en materias ás que non están acostumadas. Sen embargo existe unha serie de variables que poden afectar a este tipo de metodoloxía. Por un lado influe grandemente o coñecemento da lingua estranxeira que o profesorado non especializado en idiomas pode ter. Por outro lado, no caso galego, tamén ten unha grande influencia a problemática que existe coas dúas linguas cooficiales que hai na comunidade autónoma. Tendo en conta que o idioma propia de Galicia non se atopa normalizado e que, grande parte do alumnado, non é capaz de expresarse correctamente en castelán. Así, creo que non é unha metodoloxía que se pode aplicar eficazmente na situación lingüística actual. 

En canto á segunda parte da sesión coa docente Luz Valencia, tratamos os temas das titorías e os grupos de PMAR. Pareceume moi interesante tratar estes dous temas xa que non sempre se lle dan a importancia que en realidade debería ter. Por un lado creo que as sesións de titorías poden servir para coñecer máis de preto ao alumnado, tratar temas como a dinámica que existe nun curso e as problemáticas que pode ter o alumnado tanto a nivel académico como a nivel de relación interpersoais co resto de alumnado e tamén co profesorado. Ademais, as titorías poden ser unha boa ferramenta para tratar temas que normalmente non se poden traballar nunha aula de idiomas debido á limitación de tempo. Por exemplo, poderíamos traballar temas relacionados coa perspectiva de xénero, as distintas violencias ás que o noso alumnado se pode enfrontar no día a día ou cousas tan básicas como a colaboración no ámbito familiar. Creo que existen infinidade de maneiras de adaptar unha titoría dependendo do que queramos traballar, ademais creo que tamén sería interesante ter a opinión dos titores legais sobre  as temáticas a traballar nunha titoría, sempre e cando non sexa únicamente reforzar as competencias en determinadas materias.

Por outro lado, os grupos de PMAR creo que son os gran olvidados da educación, xa que se trata de alumnado con diferentes tipos de dificultades académicas. Por unha parte, creo que este tipo de agrupamentos, sempre que se traballe de forma axeitada, son unha boa forma de crear dinámicas de aula diferentes nas que o alumnado poida, xa non adquirir competencias e habilidades académicas, senón que nos serve para que este alumnado se sinta cómodo e poida adquirir unha maior seguridade en si mesmo. Sen embargo, por outra parte, creo que se non adoptamos unha perspectiva acorde coa atención á diversidade, este tipo de agrupamentos poden derivar nunha discriminación e segregación do alumnado, que posteriormente non terá as mesmas oportunidades que o resto de alumnado. Ademais, outro punto negativo deste tipo de agrupamentos, é que tras estar apartados do resto de alumnado e volver ao agrupamento de comezo nun curso tan avanzado como cuarto da ESO, simplemente dará lugar a unha serie de problemáticas tanto académicas como profesionais. Teñamos en conta que este alumnado non está acostumado ás dinámicas e ritmos dunha aula común de educación secundaria, polo tanto isto mellará no seu rendemento e confianza.


Actividade para titoría.

Nesta actividade gustaríame centrarme no achegamento ao alumnado nas primeiras sesións de titorías, como xa teño falado en publicacións anteriores para a docente Luz Valencia, podemos traballar de diversas formas para coñecer un pouco máis ao noso alumnado. Con este obxectivo, creo que sería interesante entregarlles a seguinte ficha que deberán cubrir. Ademais, deberíamos deixar claro que en ningún momento se compartirá a información e que servirá para que o profesorado coñeza as dinámicas que existen nos diferentes cursos para así solventar as problemáticas que poden ir aparecendo. Inlcuso podemos utilizar esta ficha no idioma estranxeiro estando fóra dunha aula de linguas. Sen embargo, sempre debemos ter en conta que este tipo de fichas crearanse dependendo do grupo co que traballemos, xa que moita xente non quererá responder a todas as preguntas. Este podería ser un exemplo:




Comentarios

  1. Ola!
    Eu creo que é moi interesante o que escribes aquí sobre o uso dos auxiliares de conversa nas clases de linguas estranxeiras, especialmente sobre como axudan aos mestres co vocabulario e como achegan aos alumnos a usos ‘reales’ do idioma. Porén, cando eu traballei de auxiliar vin o programa do outro lado e creo que ten algúns problemas, sobre todo en canto á formación. Dende o meu punto de vista, é indispensábel que tanto os docentes como os auxiliares reciban formación antes de comezar sobre as actividades que se pode facer con este recurso, para que despois sexan moito máis eficaz na aula. Son moi importantes, pero só se sabes utilizalos e se eles ten un coñecemento básico de como falar e actuar cos nenos e cos adolescentes.

    ResponderEliminar
  2. Penso que o problema do galego non ten que ver coa metodoloxía CLIL nin cos auxiliares, iso vai por outros camiños. En canto teñas a oportunidade de entrar nunha sección bilngüe, faino, verás que é algo que merece a pena.
    Non estou dacordo con que os alumnos de PMAR estén segregados. Depende de nos que se sintan ben e que lles axudemos a subir a súa autoestima precisamente con tarefas que eles sí van ser capaces de realizar. O gran problema dende o meu punto de vista é que teñan que integrarse no gran grupo en cuarto.

    ResponderEliminar
  3. Un comentario sobre os temas de titoría: por un lado, hai unha serie de temas que están máis ou menos deseñados polo equipo de orientación para cada nivel, temas sobre os que o centro tamén programa actividades. Logo están os que quedan aá libre disposición da titora, e aí é onde ti podes introducir os que considerees apropiados para o teu curso.
    No tocante aos grupos de PMAR concordo contigo en que é un erro garrafal que se fixera a mdificaci´ñon para incorporalos en 4º da ESO. Estaba moito mellor deseñada a Diversificación antes, en 3º e 4º. Agardemos que cambie.
    Calquera tipo de ficahs para recoller información, opinións, suxestións, etc que se usen na titoría poden facerse na L2, aínda que na parte máis libre sempre é mellor darlles a posibilidade de que se expresen na lingua que prefiran. Sería unha mágoa que deixasen de expresarse por non ser capaces de facelo na L2.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Primeira Sesión Ana Fontenla

Terceira Entrada Luz Valencia (06/02/18)

Sesión debate 8/3/2018