Sesión debate 8/3/2018

Nesta última sesión co ambas docentes tivemos unha serie de debates en grupos sobre temas tan importantes como as características que debería ter un bo docente, pero tamén que afectan directamente á nosa ensinanza: o uso da lingua materna na clase de lingua estranxeira e o uso da tecnoloxía, esencialmente os teléfonos, nas nosas aulas.

En canto ás características do corpo de docentes, as ideas que máis se repetiron e que coinciden coas miñas propias serían: unha formación continua e interese pola súa materia e a comunidade educativa; manter e saber comunicar un respecto mutuo principalmente entre alumnado e profesorado; a vocación, unha característica que, como xa establecín en outras publicacións, paréceme totalmente esencial nesta profesión; a empatía cara o alumnado; e que sexa un bo transmisor. Creo que en xeral todo o grupo estivemos de acordo nas características que un bo docente debe ter. Pareceume moi interesante o vídeo de What makes a good teacher? porque tamén puidemos ver como o propio alumnado coincidía con moitas das características que mencionamos previamente.

Por outro lado, no tema do uso da lingua materna na aula de lingua estranxeira aportáronse diversidade de opinións. Eu creo que o uso da primeira lingua debe estar restrinxido ao seu mínimo uso, dependendo do nivel e o contido que estemos a tratar. Se nos atopamos en un nivel baixo, creo que é inevitable o uso da lingua materna porque pode axudar a afianzar certos contidos gramaticais, sen embargo creo que existen diversas metodoloxías que nos poden axudar a deixar dun lado a primeira lingua. Aínda así, podería ser moi útil utilizar traducións con sentido e cun obxectivo concreto, pero nunca chegar a abusar deste método.

Finalmente, o último debate centrouse na tecnoloxía e no uso do teléfono móbil, onde houbo un debate un pouco máis amplo. A miña opinión non cambiou moito, xa que creo que o bo uso da tecnoloxía pode crear un bo ambiente de aprendizaxe e motivar ao noso alumnado. Ademais, o uso das tecnoloxías (pantalla interactiva, internet, ordenadores portátiles, tablets, teléfono) pode ampliar en grande cantidade os recursos que podemos utilizar. Sen embargo, como primeiro paso creo que temos que ensinarlle ao noso alumnado como utilizar este tipo de dispositivos e recursos dunha maneira útil e eficaz; se pola contra non impoñemos limitacións dende un primeiro momento será moito máis complicado traballar co grupo-clase, e xa non digamos nunha aula conflitiva. 



Agardo que desfrutádares de todas as publicacións neste blogue e ata pronto!

Comentarios

  1. Non comentas nada sobre o que falamos dos deberes, pero como vexo que normalmente a túa postura é bastante lóxica (de todo con mesura) non creo que teñas ningún problema. Gracias pola túa participación.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Primeira Sesión Ana Fontenla

Tarefa Competencias Clave. Illas Cíes, World Heritage