Sesión Gonzalo: Didáctica da ensinanza das linguas estranxeiras. Dossier
PRIMEIRA SESIÓN
Na primeira sesión co docente Gonzalo Fontenla
comezouse cunha introdución da derradeira materia do mestrado. Tras a
presentación, fixemos por primeira vez unha actividade utilizando o diagrama de
Venn para proceder a debater as similitudes e diferenzas entre a lingua materna
e a lingua estranxeira. Este diagrama componse de dous círculos sobrepostos que
nos deixan tres ocos para establecer as devanditas similitudes e diferenzas que
completamos en grupo, posteriormente debatendo os nosos resultados con outro
grupo. A continuación podemos atopar os resultados da actividade co diagrama.
Xa rematado o
debate co diagrama, o docente procedeu a definirnos as linguas segundo do
contexto de aprendizaxe, así diferenciamos os seguintes conceptos:
·
Lingua
inicial: a primeira lingua que un neno ou unha nena adquiren antes da etapa
escolar e de maneira inconsciente sen ningún tipo de intención concreta.
Pódense chegar a adquirir dúas linguas iniciais.
· Lingua
segunda: é a lingua que se adquire na escola, pódese considerar como a lingua
vehicular, administrativa ou como a lingua de ensino. Podemos ter varias
linguas segundas.
· Lingua
estranxeira: non é nin inicial nin segunda, só se adquire no contexto escolar,
cunha intención clara e en ningún caso se trata da lingua vehicular.
Unha vez que se nos aclararon os termos anteriores,
comezamos cunha placemat activity,
esta trátase dunha actividade que se compón dunha fase individual e unha fase
grupal e que ten como obxectivo a creación dun debate. Nun folio A3 debuxamos
un rectángulo que constaba de catro apartados para que os catro membros do
grupo escribiran a súa resposta. As preguntas que tivemos que responder foron
as seguintes: 1. Inditex ten 6930 tendas
ao redor do mundo, que lingua utiliza cos seus clientes? En que lingua se
comunica coa central de Arteixo? 2. Un grupo de Erasmus de 5 países europeos
saen de festa e teñen que decidir o local, en que lingua se comunicarán? As
respostas que se deron por parte dos membros do grupo foron unánimes como
podemos observar na seguinte imaxe.
Para finalizar a primeira
sesión con Gonzalo e en relación coa anterior actividade, o docente definiunos
os seguintes conceptos das diferentes linguas en contexto:
- Lingua habitual: a lingua que se utiliza na maioría dos contextos lingüísticos, non ten que ser lingua inicial ou segunda.
- Lingua de traballo: principal medio de comunicación nunha empresa, organismo internacional ou estado plurilingüe.
- Lingua vehicular: medio de comunicación entre falantes de linguas diferentes.
SEGUNDA SESIÓN
A segunda sesión
comezámola falando sobre os diferentes repertorios lingüísticos que nos podemos
atopar dentro de dúas comunidades:
- Comunidade lingüística: unha comunidade de falantes que partillan dun mesmo repertorio lingüístico.
- Comunidade de lingua: falantes que partillan o coñecemento e uso dunha mesma lingua.
Tras esta explicación,
realizamos unha práctica utilizando de novo o diagrama de Venn que xa coñecemos
da primeira sesión. Utilizamos tamén a estratexia do debate en pirámide para
comparar o repertorio lingüístico da clase, comezando primeiro en parella,
entre catro, oito e finalmente a clase enteira. Nesta actividade centrámonos en
comparar os elementos lingüísticos que coñecemos e podemos manexar (rexistros,
dialectos, etc...) e o propio repertorio no que conseguimos ter entre catro
persoas: galego (gheada e seseo), castelán con galeguismos, inglés, alemán e
austríaco, portugués, italiano e francés. A continuación temos o diagrama que
completamos e a táboa do google docs onde aparece o repertorio lingüístico de
toda a clase.
LINGUAS
|
VARIEDADES XEOGRÁFICAS
|
VARIEDADES SOCIAIS (SEXO, IDADE, CLASE SOCIAL, PROFESIÓN...)
|
español (C2)
|
de España (norte: Galicia y Asturias, sur: Extremadura y Andalucía; madrileño)
|
pesca, automoción, jurídico, lenguaje inclusivo
|
inglés (C2)
|
de Sur de Inglaterra, Gales, Escocia, Australia, India, Estados Unidos
|
pesca, automoción, jurídico
|
galego (C2)
|
occidental, central e oriental + seseo + gheada
ría de muros e noia + Eo-naviega, ourensano (manzaneda), coruño, vigués
| |
catalán (A2)
| ||
francés (B2)
|
de Francia, Suiza y Canadá
|
automoción
|
alemán (A2)
|
de Alemania, austríaco (steiermark, viena)
| |
portugués (C1)
|
de Portugal
| |
italiano (A2)
|
napolitano e siciliano, calabrés
| |
vocabulario básico en Indonesio
| ||
Hindi
| ||
bable
| ||
lengua de signos española
| ||
Barallete
|
lenguaje de los canteros
| |
chino
| ||
valenciano
|
Polo tanto, podemos dicir
que a clase trátase dunha comunidade de lingua posto que compartimos o
coñecemento e o uso de varias linguas, mais non unha comunidade lingüística
porque non todos partimos do mesmo repertorio lingüístico.
Posteriormente proseguimos
coa temática da didáctica da ensinanza de linguas estranxeiras entre as que
tratamos:
- Didáctica da lingua inicial
- Didáctica da lingua segunda
- Didáctica da lingua estranxeira
- Metodoloxía AICLE
- Aprendizaxe precoz da Lingua Estranxeira
- Linguas estranxeiras para fins específicos
Para tratar de comprender
as diferentes metodoloxías que se utilizan nos diferentes contextos completamos
a seguinte táboa, na que practicamente as respostas foron máis ben semellantes.
CONTEXTO
APRENDIZAXE
|
QUE METODOLOXÍA SE
DEBE USAR?
|
QUE METODOLOXÍA
SE PODE USAR?
|
1.
Escola Oficial de Idiomas.
|
Lingua estranxeira
Lingua inicial
|
Lingua segunda
CALL (Flipped & Blended)
OLE
|
2.
Asociación de Mulleres Viúvas.
|
OLE
Lingua
estranxeira
|
Lingua
estranxeira
Fines
específicos
OLE
|
3.
Ciclo Superior de Axencia de Viaxes.
|
Fines específicos
|
AICLE
CALL (Blended,
Flipped, Full-online)
|
4. Materia de
ciencias en 4ª da ESO dun centro plurilingüe.
|
AICLE
|
CALL (Blended,
Flipped)
|
5. Nunha aula de
1º de primaria.
|
Aprendizaxe
precoz de linguas estranxeiras
YLE
|
YLE
Lingua
estranxeira
Aprendizaxe
precoz
AICLE
|
6.
Nunha escola británica/francesa/alemana en Madrid dependente do Ministerio de
Asuntos Exteriores dese país.
|
Lingua
segunda/lingua inicial
AICLE
|
YLE
AICLE
CALL (Blended,
Flipped)
|
7. Na UNED.
|
CALL
(Full-online, Blended, flipped)
|
CALL
(full-online)
|
8. Nun país africano de lingua oficial
inglesa/francesa.
|
Lingua inicial/
lingua segunda
|
Aprendizaxe
precoz de linguas estranxeiras
YLE
OLE
|
Seguidamente, cambiamos
de temática para centrarnos nas distintas variábeis que afectan á situación do
ensino de linguas estranxeiras en infantil e primaria, secundaria, FP, EOIs,
ensino a maiores ou na situación de aprendizaxe do castelán como LE. As
variábeis que poden afectar ao ensino son: por un lado as características
individuais do alumnado, destacando principalmente a idade posto que aprendemos
de xeito diferente en cada etapa, tendo sempre en conta o nivel de maturidade,
o desenvolvemento congnitivo, a capacidade de análise, reflexión e formalización;
o contexto do centro onde se leva a cabo a práctica docente; e finalmente as
necesidades e obxectivos do proceso de ensinanza-aprendizaxe.
Para poder entender
mellor estas variábeis, retomamos o diagrama de Venn onde estudamos as
diferenzas na ensinanza de persoas adultos e crianzas, e este foi o resultado
final:
A continuación, o docente
procedeu a ensinarnos un vídeo onde se utiliza a metodoloxía da resposta física
total en alumnado de curta idade
Na última parte da sesión
utilizamos o traballo en pirámide para debater sobre: a influencia da L1 na L2
e a nosa opinión sobre a utilización da L1 na clase de L2. Houbo multitude de
respostas que nos axudaron a levar a cabo un debate interesante e enriquecedor,
que resultou na explicación das diferenzas entre as linguas aglutinantes e
analíticas e o concepto de interlingua descoñecido para moitos de nós.
Finalmente, ao non ter
tempo suficiente tivemos que tratar por encima o concepto de erro e o seu
tratamento, os diferentes tipos de centros de ensino que nos podemos atopar e
as tendencias de investigación como a motivación, a aptitude e a
multicompetencia.
Comentarios
Publicar un comentario