Sesións Gonzalo: Didáctica da ensinanza das linguas estranxeiras. Diario
Para comezar esta derradeira entrada do apartado Diario para o docente Gonzalo na materia de Didáctica, gustaríame dicir que estas dúas sesións parecéronme moi interesantes porque se trataron temáticas que xa eran coñecidas pola maioría da clase, mais resolvéronse dúbidas e aclaráronse conceptos que non sempre estan do todo claros. Un exemplo disto foi a terminoloxía que tratamos en relación cos diferentes tipos de linguas e coas comunidades lingüísticas e de lingua. Un aspecto que me pareceu moi interesante de ambas sesións foron os diferentes tipos de actividades que se utilizaron: o placemat activity e o diagrama de Venn . Creo que estas dúas maneiras de traballar foron moi adecuadas para o contexto no que nos atopábamos, pero tamén nos pode axudar a realizar actividades similares na nosa propia práctica docente. Isto creo que se debe principalmente á creación dos continuos debates derivados destas metodoloxías de traballo, que dependendo do nivel e do tipo de a...