Segunda sesión Luz Valencia

Bos días a todas e a todos!

Nesta publicación reflexionarei sobre a segunda sesión coa docente Luz Valencia, que corresponde ao mércores 31 de xaneiro. Primeiro dicir que nesta segunda aula traballamos con infinidade de actividades. Unha das actividades que me pareceu máis interesante foi o crossword que fixemos en relación aos datos curiosos que aportamos o primeiro día coa docente Ana Fontenla. Creo que é unha maneira moi adecuada de conectar co e ao alumnado entre eles e elas. Este é un dos moitos exemplos de actividades que podemos levar a cabo para involucrar ao alumnado, facer que as relacións entre alumnado-profesorado-alumnado sexa moito máis persoal. Como xa teño establecido en outras publicacións de este blogue, e que non me cansarei de repetir, creo que é máis que esencial crear un ambiente e unha dinámica de clase que faga que o alumnado se sinta cómodo para ser libre de participar e de expresar as súas opinións. Ademais, é unha maneira de crear un vínculo tanto entre eles como entre alumnado-profesorado sinxela e efectiva. Se o alumnado sinte que non se lle ten en conta, que non pode participar con liberdade, créase unha dinámica viciosa e pouco participativa; lembremos que o alumnado é o centro de toda a educación. 

Outro aspecto que me causo interese foi o da organización do grupo ou clase, unha das moitas variables que pode afectar á nosa práctica docente. Creo que as maneiras que temos de organización débese adaptar sempre ao grupo e á diversidade de alumnado. Por exemplo, non podemos utilizar unha organización de mesas por grupos se nos atopamos cun grupo-clase conflitivo ou que presenta problemas á hora de relacionarse ou participar. Debemos mesturar os niveis ou crear grupos con equidade de niveis? Pois, como acabo de establecer, depende do agrupamento, dos niveis que teñamos, das súas relacións interpersoais.... é dicir, de moitos factores que debemos solventar nas primeiras aulas do curso. Unha proposta que me gustaría facer para poder contar con estas variables dende inicios de curso podería ser a seguinte: na primeira ou segunda aula do curso podemos pedir ao alumnado que escriba nun papel as relacións que ten cos compañeiros e compañeiras, é dicir, proporlles que digan con quen teñen máis relación, menos ou simplemente as amizades que pode haber e os descoñecidos e descoñecidas (se se trata dun curso con novo alumnado). Por suposto, non é tan sinxelo, xa que temos que deixar claro que en ningún momento se vai a compartir esa información e que se trata simplemente dunha enquisa para que o profesorado coñeza máis ao grupo-clase. Mais, de novo, todo depende do alumnado que teñamos nos diferentes cursos e clases.

Nesta sesión tamén tratamos de novo o enfoque comunicativo e os principios que debemos ter en conta. A comunicación oral non só se debe basear unicamente en speaking, en falar inglés e traballar vocabulario, senón que debemos ter moi en conta na forma en que o alumnado se comunica, as expresión orais e corporais, que non sempre se teñen en conta, e os niveis que presenta a diversidade do alumnado. Por exemplo, nesta sesión propúxose que nas actividades de speaking o alumnado con máis nivel ou destrezas á hora de expresarse traballe conxuntamente e sexan os primeiros en participar, para así ensinarlle ao resto de alumnado estratexias de comunicación adecuadas. Sen embargo, pode conlevar a que o alumnado "menos avanzado" ou "cun nivel inferior" se sinta con menos capacidades e con vergoña a participar por non verse quen de expresarse a través das mesma estratexias. Polo tanto, creo que, dependendo do grupo-clase, poderíamos mesturar os diferentes niveis para que así o alumnado poida sentirse máis cómodo á hora de participar e así creen uns vínculos que os axuden a axudarse, traballando desta maneira a cooperación e colaboración. 

Finalmente, nesta segunda sesión tratamos a utilización das imaxes para realizar actividades, e un aspecto que creo que é importante é a personalización destas actividades, é dicir, achegarnos ao alumnado mediante imaxes que lles poidan ser coñecidas ou nas que aparezan persoas que lles son falimiares. Se utilizamos a típicas imaxes dos libros de texto, con persoas, lugares ou obxectos descoñecidos ou cos que non teñen ningún tipo de relación, só imos conseguir que o alumnado non se sinta motivado e, polo tanto, unha dinámica pouco divertida e participativa. Na próxima publicación proporei unha actividade a partir dunha imaxe.


    Comentarios

    1. Precisamente esa forma de investigar as relacións entre o alumado é unha boa actividade para facer na hora de titoría. É básico adicarlle tempo a explorar esas dinámicas que poden supoñer o éxito ou o fracaso á hora de facer actividades sobre todo de interacció e expresión oral.

      ResponderEliminar
    2. Pode resultar interesante esta publicación: http://assets.cambridge.org/052152/9719/sample/0521529719ws.pdf

      ResponderEliminar

    Publicar un comentario

    Entradas populares de este blog

    Primeira Sesión Ana Fontenla

    Terceira Entrada Luz Valencia (06/02/18)

    Sesión debate 8/3/2018