Tarefa virtual: Traballo por proxectos
Un claro exemplo do traballo por proxectos podería ser o blogue que desenvolvín ao longo da miña Unidade Didáctica que chamei: The World We Live, The World We Know . Esta unidade didáctica esta formada por un proxecto interdisciplinar entre tres materias: Inglés, Tecnoloxía e Xeografía e Historia; ademais o contexto no que se desenvolve é unha clase de 4º curso da ESO nun aula de 20 alumnos e alumnas. Mais aquí ímonos centrar nas tarefas da nosa materia de linguas estranxeiras, que conta con sete tarefas distintas, que á súa vez teñen as súas correspondentes actividades. Mediante esta UD o que se pretende é que os rapaces creen un blogue sobre os puntos máis interesantes dunha cidade europea así como da súa propia vila, neste caso trataríase da vila de Noia. Ademais, a través desta UD traballaremos, na materia de Tecnoloxía, as diferentes formas de crear un blogue; na materia de Xeografía e Historia, a historia dos países anglófonos, a arte e a cultura galegas e faremos u...