Terceira Entrada Luz Valencia (06/02/18)

Nesta terceira sesión coa docente Luz Valencia centrámonos na produción escrita ou máis coñecida como writing. Para introducir esta competencia, debatemos sobre se en realidade existen tan só 4 skills (writing, reading, listening e speaking). Creo que non só se trata de traballar as 4 competencias básicas dunha lingua estranxeira, senón que vai máis alá. Por exemplo dentro da habilidade ou competencia de speaking debemos ter en conta a interacción e mediación que esta habilidade conleva e require. Non só se trata de falar na lingua estranxeira, senón que o alumnado ten que ser capaz de comunicarse adecuadamente, e aquí non só entra a comunicación oral, tamén inflúe en como comunicamos co noso corpo. Polo tanto, sempre debemos de ter en conta que cando estamos traballando algunha desas 4 skills, estamos a traballar moitos aspectos que inflúen nestas, así á hora de realizar unha actividade ou tarefa todas estas variantes deben estar presentes en maior ou menor medida.

Por outro lado, centrándonos na produción escrita, pareceume moi interesante como a docente insistiu nas razóns que nos levan a facer unha actividade ou tarefa. Isto semella obvio, mais moitas veces esquécese a razón ou o obxectivo polo que se leva a cabo as actividades. Polo tanto deberíamos tentar cambiar os writings aos que todas e todos estamos máis que acostumados. Así podemos facer writings sobre temas sobre os que o alumnado se interese (redes sociais, artigos de revistas ou periódicos), non esquezamos nunca que eles e elas son o centro do noso traballo, traballamos para o alumnado, non para uns contidos. Unha forma de estar preto do alumnado, ter en conta os contidos, pero tamén facer un uso útil da nosa práctica docente, é achegarnos cada vez máis á realidade inmediata que vive o noso alumnado, así podemos facer actividades de writing sobre o bo ou mal uso das redes sociais, programas de televisión coñecidos ou incluso como nos ensina a compañeira Sara González utilizar persoas influentes ou coñecidas a nivel estatal. 

Traballo de casa: Actividade de produción escrita.

Como establecín ao longo de todas as miñas publicacións o alumnado é o centro de todo o noso traballo como docentes, polo tanto gustaríame levar a cabo unha actividade tendo en conta os seus intereses e inquietudes, sempre orientándoos e aportándolles unha serie de instrucións.

O noso obxectivo mediante a nosa actividade é que o alumnado sexa quen de expresarse, que se sinta motivado á hora de realizar un writing, deixando dun lado os escritos académicos aos que están acostumados. Para o alumnado dun nivel intermedio/baixo comezaremos co utilización do seguinte vídeo:

O vídeo está composto  por frases que seguen sempre a mesma estrutura e, aínda que non sexan capaces de recoñecer o vocabulario ao completo, poden seguir a estrutura  en todo o vídeo. Tras ver o videoclip pediremos ao alumnado que escriba frases coa mesma estrutura sobre "dumb ways to die" que se lle podan ocorrer. Unha vez feito, pasaremos a ver parte do seguinte vídeo:


Mediante este vídeo sen letra nin audio pediremos ao noso alumnado que recoñeza todos os obxectos que aparezan no vídeo, tentaremos seleccionar eses obxectos que coñezan e teñan máis a man. A raíz deste vídeo pediremos unha historia que relate a vida dun obxecto cotián e unha "dumb way to die" en relación con ese obxecto. Un exemplo podería ser a vida dun ovo dende que nace ata que acaba fritido na tixola. Creo que se trata dun writing distinto ao que o alumnado non está acostumado e pode motivalo.

Por outro lado se o noso alumnado ten un coñecemento do idioma estranxeiro, este caso o inglés, intermedio/alto podemos seguir co mesmo writing mais comezaremos cun vídeo quizais un pouco máis complexo pero que segue a mesma liña:






Comentarios

  1. Ola Mariña. Gustoume moito a actividade. Coñecía o primeiro vídeo pero non os outros. Son moi divertidos e creo que captarán a atención dos alumnos. Hai tamén unha aplicación para os móbiles, que é un xogo coa mesma temática (tamén se chama Dumb ways to die), que igual che pode resultar interesante para esta actividade.

    ResponderEliminar
  2. Ola, Mariña. Grazas pola entrada. Paréceme unha actividade que dunha banda é moi sinxela (ás veces complicámonos innecesariamente à hora de preparalas) e doutra é simpática e lúdica. Coido que con ela se pode chegar ao alumnado de forma directa e cun gran compoñente motivador. Concordo contigo na relevancia do alumno como destinatario da nosa ensinanza e do noso traballo e non tanto os contidos, aínda que tamén son importantes. Dado que o día que víchedes esta destreza eu non puiden asistir, agora quédame un pouco máis claro o visto na aula e o obxectivo do traballo que temos que facer. Agradezo igualmente a túa reflexión sobre as 4 destrezas e en concreto sobre o speaking. Penso que, ademais da expresión propiamente lingüística, tamén deben facer diferentes producións nas que aprendan a importancia de saber comportarse, actuar e expresarse en diferentes ámbitos de maior ou menor formalidade (entre amigos, nunha entrevista de traballo, nunha exposición oral ante un público amplo, no supermercado, etc.).
    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  3. Paréceme unha actividade moi interesante. Eu teño utilizado dous dos vídeos (O de Dumb Ways to Die e o da Annoying Orange, unha gran favorita nas miñas clases!), pero non o fixen nunca para unha actividade escrita.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Primeira Sesión Ana Fontenla

Sesión debate 8/3/2018