Tarefa Competencias Clave. Illas Cíes, World Heritage

Como ben establecín na primeira entrada para a docente Luz Valencia, esta segunda publicación estará adicada á tarefa que se nos encomendou de deseñar unha actividade na que se traballen polo menos dúas competencias clave ademais da competencia lingüística. Posto que nos atopamos estudando na cidade de Vigo, poderíamos traballar de infinidade de maneiras tendo en conta o patrimonio histórico da cidade. Hai diversas maneiras das que podemos comezar a nosa activadade en relación con: a evolución da estructura da cidade, o porto internacional en desenvolvemento continuo e os diversos cruceiros que se achegan a estas costas, así como en relación cos edificios e localizacións históricas como poden ser O Castro, O pazo de Quiñones de León, ou incluso con eventos de grande importancia como a presenza do Pergamiño Vindel na cidade. 

Nesta caso gustaríame aproveitar un evento que está cobrando cada vez máis importancia na cidade: a candidatura que se pretende levar das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade. Creo que é unha forma sinxela e actualizada para traballar co alumnado o patrimonio autóctono a un nivel moito máis amplo, como o é a UNESCO. As principais competencias clave que trataremos de utilizar nesta tarefa son: competencia en conciencia e expresións culturais, competencia lingüística, competencia sociais e cívicas e competencia dixital. Ademais, en canto a contido poderíase tratar, dependendo do nivel que nos atopemos: coñecementos de organismos internacionais como a UNESCO, o propio termo patrimonio e o seu significado,  a candidatura de patrimonio e o por que, ou incluso, nun nivel baixo, podemos tratar o vocabulario de flora e fauna que existen nas Illas Cíes dunha maneira sinxela.

Un exemplo de tarefa que poderíamos realizar sería a seguinte:
O noso obxectivo en canto a contido será tratar que o alumnado sexa quen de expresarse oralmente na lingua estranxeira, neste caso o inglés, aportando opinións persoais e amosando o seu acordo ou desacordo en diversos temas. Polo tanto nun primeiro momento atopámonos cunha actividade dun nivel certamente alto xa que a nosa temática será, como se estableceu antes, a candidatura das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade. Ao tratarse dun tema tan complexo, poderíase incluso realizar un proxecto que ocupe máis de catro sesións, sen embargo aquí tentarémolo sintetizar un pouco máis. O ideal para esta tarefa sería dividila en dúas sesións para poder traballar con un pouco máis de tempo, así como engadir certo traballo para a casa.

Na primeira sesión é onde comezamos a introducir o tema. Para tentar atraer a atención do alumnado e motivalo, comezamos con preguntas sinxelas como: Have you ever been to Cíes Islands? What do you think about them? What was the most interesting thing for you? Trataremos que entren na dinámica de conversa e seguindo unha relación lóxica coas preguntas. Unha vez teñamos información suficiente comezamos a inserir o tema do patrimonio, podemos de novo facerlle preguntas sobre os postos que hai nas rúas para a candidatura, se alguén sabe de que se trata para así chegar ao punto final onde xa tentaremos levalos cara o termo patrimonio, patrimonio da humanidade. Para apoiar e non facer un traballo oral continuo podemos apoiarnos cos seguintes recursos audiovisuais:

  • O folleto dos postos da candidatura
  • Páxinas webs relacionadas coas illas como: https://lasislascies.com/en/
  • As numerosas fotografías sobre os distintos lugares que hai nas Illas Cíes para axudar ao alumnado a describir os lugares e as actividades que puideron realizar.
  • Un texto que podemos crear coa información básica das Illas Cíes.
Unha vez introduzamos o termo de patrimonio da humanidade e coa recompilación da información anterior sobre as Cíes, comezaremos a segunda parte da sesión cun vídeo de The Economist sobre World Heritage:


Creo que este vídeo é moi interesante xa que nos da información sobre os lugares considerados Patrimonio da Humanidade, establece por que eses lugares recibiron a distinción, mais tamén explica os perigos que están a sufrir. Teñamos en conta que non pretendemos que o alumnado comprenda cada unha das palabras que aparecen no vídeo se non que comprenda do que se está falando. Os nosos obxectivos son que entendan que é Patrimonio da Humanidade, o por que e que entendan que tipo de factores poden afectar estes lugares. Así chegaremos ao noso obxectivo final, plantexarlle ao alumnado un traballo de investigación en grupo sobre as seguintes cuestións: que fai que as Cíes poidan converterse en Patrimonio da Humanidade e que riscos pode sufrir as Illas se non se protexen. Con estas cuestións trataremos de facer, na segunda sesión, un debate entre grupos con xente que aporte argumentos a favor e en contra da candidatura.

Son consciente da dificultade desta tarefa en concreto, mais poderíase simplificar no caso de niveis de menor dificultade. Por exemplo, poderíamos traballar simplemente coas Illas Cíes con actividades máis sinxelas en relación coa reciclaxe e a protección do medio ambiente. Mais que unha tarefa, desta poderíase realizar un proxecto máis pormenorizado e amplo no que podemos traballar numerosas competencias e contidos.


Comentarios

  1. Unha actividade moi interesante e que recolle xusto o que expresei, tamén temos que explicar a nosa cultura, non só apreciar a foránea. Neste momento a escolla das Cíes é perfecta para un centro do noso entorno. Unha primeira actividade podería ser tamén facer un brainstorm sobre lugares/monumentos de Galicia que xa son patrimonio (muralla Lugo, Camiño, Torre de Hércules e catedral Santiago) e outro que poderían presentarse a esta mesma candidatura. Moi bó traballo.

    ResponderEliminar
  2. Encantoume o teu traballo Mariña!
    A verdad é que o atopo unha moi boa forma de que comprendan o seu propio patrimonio e o feito de que sexa tan actual vailles facer moitísima máis ilusión. Eu tamén lles engadiría algunha actividade na que relacionasen outros paraísos terrenáis do mundo e se fixesen unha autoevaluación de "Por qué non poden selo as Illas Cíes tamén?" Moitas veces axúdalles a facerse autocrítica e deslíganse das antigas falsas creencias.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Primeira Sesión Ana Fontenla

Terceira Entrada Luz Valencia (06/02/18)

Sesión debate 8/3/2018