Entradas

Mostrando entradas de enero, 2018

Segunda Sesión Ana Fontenla

Imagen
Na segunda sesión coa docente Ana Fontenla tratamos diversos temas: os xa coñecidos warmup ou bellwork, a compresión escrita, o concepto de indefensión aprendida. De novo tratouse de facer unha sesión a través de actividades prácticas que amosan de forma máis clara as diferentes metodoloxías e perspectivas que podemos adoptar. Como xa teño recalcado, creo que é de grande importancia, tal e como afirma sempre a propia docente, crear un ambiente que motive ao alumnado, polo tanto as actividades de warmup e bellwork poden propiciar ese contexto motivador.  Centrándonos na comprensión escrita, pareceume moi interesante dúas actividades que fixemos: The 3 minute test e o texto de means of transport . Ambas poden servirnos de exemplo para realizar actividades similares sobre comprensión escrita para axudar así ao alumnado a ter unha perspectiva distinta sobre os coñecidos readings . Con isto quero dicir que se o alumnado se atopa cun texto que lles frusta, que non entenden ou que sim

Tarefa Competencias Clave. Illas Cíes, World Heritage

Imagen
Como ben establecín na primeira entrada para a docente Luz Valencia, esta segunda publicación estará adicada á tarefa que se nos encomendou de deseñar unha actividade na que se traballen polo menos dúas competencias clave ademais da competencia lingüística. Posto que nos atopamos estudando na cidade de Vigo, poderíamos traballar de infinidade de maneiras tendo en conta o patrimonio histórico da cidade. Hai diversas maneiras das que podemos comezar a nosa activadade en relación con: a evolución da estructura da cidade, o porto internacional en desenvolvemento continuo e os diversos cruceiros que se achegan a estas costas, así como en relación cos edificios e localizacións históricas como poden ser O Castro, O pazo de Quiñones de León, ou incluso con eventos de grande importancia como a presenza do Pergamiño Vindel na cidade.  Nesta caso gustaríame aproveitar un evento que está cobrando cada vez máis importancia na cidade: a candidatura que se pretende levar das Illas Cíes como Patr

Primeira Sesión Luz Valencia

Imagen
Benvidas e benvidos de novo a este pequeno blogue, hoxe comezarei coa primeira entrada para a docente Luz Valencia. Gustaríame comezar facendo unha breve reflexión sobre a aula a nivel xeral, para despois centrarme nos aspectos que me pareceron máis interesantes. Polo tanto, a modo de inicio e como teño establecido na anterior entrada para a docente Ana, quero remarcar a grande importancia de contar con docentes que imparten en secundaria. O motivo do meu interese, como da maioría das compañeiras, débese a que cobra unha gran relevancia ter exemplos directos das diferentes prácticas que podemos adoptar e ás que nos vamos enfrontar no noso futuro. Ademais, na miña opinión é o achegamento máis directo que temos da realidade dunha clase, aportándonos coñecementos prácticos e facendo, polo menos no meu caso, que teñamos unha maior seguridade á hora de utilizar diferentes metodoloxías e recursos que nos poden axudar unha vez comecemos as prácticas no mes de febreiro. Os puntos qu

Sesións Gonzalo: Didáctica da ensinanza das linguas estranxeiras. Diario

Imagen
Para comezar esta derradeira entrada do apartado Diario para o docente Gonzalo na materia de Didáctica, gustaríame dicir que estas dúas sesións parecéronme moi interesantes porque se trataron temáticas que xa eran coñecidas pola maioría da clase, mais resolvéronse dúbidas e aclaráronse conceptos que non sempre estan do todo claros. Un exemplo disto foi a terminoloxía que tratamos en relación cos diferentes tipos de linguas e coas comunidades lingüísticas e de lingua.  Un aspecto que me pareceu moi interesante de ambas sesións foron os diferentes tipos de actividades que se utilizaron: o placemat activity e o diagrama de Venn . Creo que estas dúas maneiras de traballar foron moi adecuadas para o contexto no que nos atopábamos, pero tamén nos pode axudar a realizar actividades similares na nosa propia práctica docente. Isto creo que se debe principalmente á creación dos continuos debates derivados destas metodoloxías de traballo, que dependendo do nivel e do tipo de alumn

Sesión Gonzalo: Didáctica da ensinanza das linguas estranxeiras. Dossier

Imagen
PRIMEIRA SESIÓN Na primeira sesión co docente Gonzalo Fontenla comezouse cunha introdución da derradeira materia do mestrado. Tras a presentación, fixemos por primeira vez unha actividade utilizando o diagrama de Venn para proceder a debater as similitudes e diferenzas entre a lingua materna e a lingua estranxeira. Este diagrama componse de dous círculos sobrepostos que nos deixan tres ocos para establecer as devanditas similitudes e diferenzas que completamos en grupo, posteriormente debatendo os nosos resultados con outro grupo. A continuación podemos atopar os resultados da actividade co diagrama.    Xa   rematado o debate co diagrama, o docente procedeu a definirnos as linguas segundo do contexto de aprendizaxe, así diferenciamos os seguintes conceptos: ·          Lingua inicial: a primeira lingua que un neno ou unha nena adquiren antes da etapa escolar e de maneira inconsciente sen ningún tipo de intención concreta. Pódense chegar a adquirir dúas linguas inici