Segunda Sesión Ana Fontenla

Na segunda sesión coa docente Ana Fontenla tratamos diversos temas: os xa coñecidos warmup ou bellwork, a compresión escrita, o concepto de indefensión aprendida. De novo tratouse de facer unha sesión a través de actividades prácticas que amosan de forma máis clara as diferentes metodoloxías e perspectivas que podemos adoptar. Como xa teño recalcado, creo que é de grande importancia, tal e como afirma sempre a propia docente, crear un ambiente que motive ao alumnado, polo tanto as actividades de warmup e bellwork poden propiciar ese contexto motivador. 

Centrándonos na comprensión escrita, pareceume moi interesante dúas actividades que fixemos: The 3 minute test e o texto de means of transport. Ambas poden servirnos de exemplo para realizar actividades similares sobre comprensión escrita para axudar así ao alumnado a ter unha perspectiva distinta sobre os coñecidos readings. Con isto quero dicir que se o alumnado se atopa cun texto que lles frusta, que non entenden ou que simplemente contén un vocabulario moi complexo, a través deste tipo de exercicios podémolos encamiñar cara un maior entendimento. Grazas ao 3 minute test o alumnado será quen de darse conta da importancia que ten ler con calma e atención un texto ou calquer tipo de actividade, ademais ao facelo dunha maneira divertida tamén axuda á máis que mencionada motivación. Pola súa parte, o texto de means of transport pode axudar ao profesorado a deseñar ou crear actividades que faran ao alumnado ter unha perspectiva moito máis relaxada cando se enfronta a un texto que non entenden despois dunha primeira lectura. Ao tratarse dun texto onde temos vocabulario que nun primeiro momento non coñecen, xa que se trata de termos inventados, o alumnado cree que é incapaz de resolver as preguntas posteriores. Sen embargo, ao finalizar a actividade o alumnado síntese menos frustrado e comprende que non temos por que ser diccionarios e coñecer unha lingua ao completo, algo imposible, para comprender un texto nunha lingua estranxeira.


En definitiva, creo que este tipo de actividades non só sirven para adquirir coñecementos ou contidos, tamén axuda a que o alumnado teña unha maior confianza no seu desenvolvemento e así sexan capaces de enfrontarse a situacións que poden conlevar unha certa frustración ou estrés, como podería ser o exame de acceso á universidade. Ademais, este tipo de actividades permítennos traballar contra a indefensión aprendida que moito alumnado sufre, conseguindo traballar coas situacións que poden ser desagradables e incómodas e dándolles a volta por completo.

Comentarios

  1. Ola Mariña! Paréceme interesante a reflexión que fas sobre a frustración, neste caso respecto dunha actividade de comprensión escrita, e sobre como axudar ao alumnado a xestionala. Penso que está moi relacionada coa motivación intrínseca da que falamos na clase. A frustración prodúcese ao non ver cumplidas as nosas expectativas ou as expectativas de quen nos solicita realizar algo (neste caso, a profesora/profesor), e isto ten unha incidencia directa sobre a motivación do alumnado. Do mesmo xeito, un alumnado con motivación baixa será máis propenso a sentirse frustrado cando non consiga superar unha actividade. Por tanto, coincido contigo en que temos que traballar e facelos conscientes das estratexias de compensación que teñen no seu poder (por exemplo, compartindo estratexias de aprendizaxe entre compañeiras/os = competencia aprender a aprender), así como da súa capacidade "innata" para resolver problemas (como fixo Ana na clase cando nos deu o texto onde as letras das palabras estaban desordenadas). Deste xeito, non só traballaremos as súas dificultades lingüísticas, pero penso que contribuiremos positivamente ao afianzamento da súa autoestima académica.

    ResponderEliminar
  2. Alégrame que esteas dacordo con que hai que fomentar a autoestima se queremos que os nosos alumnos estean dispostos a aprender. á larga redunda positivamente en nos como profesores porque srá moito máis doado "dirixir" esa clase.

    ResponderEliminar
  3. Alégrame que esteas dacordo con que hai que fomentar a autoestima se queremos que os nosos alumnos estean dispostos a aprender. á larga redunda positivamente en nos como profesores porque srá moito máis doado "dirixir" esa clase.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Primeira Sesión Ana Fontenla

Terceira Entrada Luz Valencia (06/02/18)

Sesión debate 8/3/2018