Entradas

Sesión debate 8/3/2018

Imagen
Nesta última sesión co ambas docentes tivemos unha serie de debates en grupos sobre temas tan importantes como as características que debería ter un bo docente, pero tamén que afectan directamente á nosa ensinanza: o uso da lingua materna na clase de lingua estranxeira e o uso da tecnoloxía, esencialmente os teléfonos, nas nosas aulas. En canto ás características do corpo de docentes, as ideas que máis se repetiron e que coinciden coas miñas propias serían: unha formación continua e interese pola súa materia e a comunidade educativa; manter e saber comunicar un respecto mutuo principalmente entre alumnado e profesorado; a vocación, unha característica que, como xa establecín en outras publicacións, paréceme totalmente esencial nesta profesión; a empatía cara o alumnado; e que sexa un bo transmisor. Creo que en xeral todo o grupo estivemos de acordo nas características que un bo docente debe ter. Pareceume moi interesante o vídeo de What makes a good teacher? porque tamén puidemos

Entrada sesión Ana Fontenla e Luz Valencia (7/02/2018)

Na sesión do mércores día 7 de febreiro tivemos a aula partida entre as dúas docentes. Comezamos con Ana Fontenla tratando os temas dos auxiliares de conversa e a metodoloxía AICLE ou CLIL. Con respecto aos auxiliares de conversa creo que son moi útiles para crear unha mínima inmersión lingüística dentro da clase. O alumnado síntese máis preto da L2 grazas a estas persoas estranxeiras, ademais pode apoiar ao profesorado por exemplo en materia de vocabulario específico ou slang. Lembremos que somos docentes e non diccionarios andantes, nunca imos chegar a saber todo o vocabulario e por iso os auxiliares de conversa poden axudarnos a facer máis completa a nosa práctica docente.  Por outro lado, en canto á metodoloxía AICLE ou CLIL, aínda non teño moi clara a miña opinión, creo que é unha metodoloxía innovadora que só pode funcionar se a aplicamos dun xeito correcto. Segundo o que eu creo, a utilización dunha lingua estranxeira nunha materia non específica de linguas pode axudar ao a

Terceira Entrada Luz Valencia (06/02/18)

Imagen
Nesta terceira sesión coa docente Luz Valencia centrámonos na produción escrita ou máis coñecida como writing . Para introducir esta competencia, debatemos sobre se en realidade existen tan só 4 skills (writing, reading, listening e speaking). Creo que non só se trata de traballar as 4 competencias básicas dunha lingua estranxeira, senón que vai máis alá. Por exemplo dentro da habilidade ou competencia de speaking debemos ter en conta a interacción e mediación que esta habilidade conleva e require. Non só se trata de falar na lingua estranxeira, senón que o alumnado ten que ser capaz de comunicarse adecuadamente, e aquí non só entra a comunicación oral, tamén inflúe en como comunicamos co noso corpo. Polo tanto, sempre debemos de ter en conta que cando estamos traballando algunha desas 4 skills , estamos a traballar moitos aspectos que inflúen nestas, así á hora de realizar unha actividade ou tarefa todas estas variantes deben estar presentes en maior ou menor medida. Por outro l

Actividade a partir dunha imaxe (Luz Valencia)

Imagen
Benvidas e benvidos de novo ao meu blogue, Primeiro gustaríame desculparme pola tardanza coas publicacións e agardo que desfrutedes da miña próxima actividade. A primeira tarefa que fixen para a docente Luz Valencia basease na campaña que existe hoxe en día da proclamación das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade. Nesta actividade o noso obxectivo era traballar a competencia oral do alumnado introducindo o termo de patrimonio da humanidade para finalizar cun debate sobre os puntos a favor e en contra de proclamar as Illas Cíes con esta distinción. Menciono brevemente esta actividade posto que me gustaría relacionar esta segunda tarefa coa primeira. Tras debater e pensar sobre o tema a miña proposto sería a seguinte: A tarefa divídese en dúas partes ben diferenciadas, nunha primeira parte continuaremos a traballar co termo de patrimonio da humanidade, en relación cos lugares así declarados en toda Galicia; creación dun roleplay. Esta tarefa realizarase en mínimo tres sesión

Segunda sesión Luz Valencia

Bos días a todas e a todos! Nesta publicación reflexionarei sobre a segunda sesión coa docente Luz Valencia, que corresponde ao mércores 31 de xaneiro. Primeiro dicir que nesta segunda aula traballamos con infinidade de actividades. Unha das actividades que me pareceu máis interesante foi o crossword que fixemos en relación aos datos curiosos que aportamos o primeiro día coa docente Ana Fontenla. Creo que é unha maneira moi adecuada de conectar co e ao alumnado entre eles e elas. Este é un dos moitos exemplos de actividades que podemos levar a cabo para involucrar ao alumnado, facer que as relacións entre alumnado-profesorado-alumnado sexa moito máis persoal. Como xa teño establecido en outras publicacións de este blogue, e que non me cansarei de repetir, creo que é máis que esencial crear un ambiente e unha dinámica de clase que faga que o alumnado se sinta cómodo para ser libre de participar e de expresar as súas opinións. Ademais, é unha maneira de crear un vínculo tanto entre

Terceira Sesión Ana Fontenla

Imagen
Hoxe publico a terceira entrada correspondente á sesión coa docente Ana Fontenla do martes 30 de xaneiro. Nesta terceira aula tratamos diversos temas, algúns xa coñecidos como as actividades de warmup. Sen embargo houbo dous aspectos que tratamos ao longo da sesión e que me parecen moi interesantes e importantes para a nosa práctica docente. Por un lado saíu unha serie de temáticas moi actuais: as diferentes variables que poden afectar a unha ensinanza de calidade, como poden ser o acceso desigual que poden ter o alumnado aos recursos económicos ou dixitais e o coidado que debemos ter cos diferentes trastornos da alimentación que poden presentar unha cantidade importante de adolescentes na actualidade. Creo que a medida que as xeracións de alumnado cambian e evolucionan enfrontámonos a situacións que cada vez se fan máis e máis complicadas cando as queremos enfrontar na aula. Sen embargo,  na miña opinión estas situacións complicadas poden ter dúas razóns: un profesorado pouco interes

Segunda Sesión Ana Fontenla

Imagen
Na segunda sesión coa docente Ana Fontenla tratamos diversos temas: os xa coñecidos warmup ou bellwork, a compresión escrita, o concepto de indefensión aprendida. De novo tratouse de facer unha sesión a través de actividades prácticas que amosan de forma máis clara as diferentes metodoloxías e perspectivas que podemos adoptar. Como xa teño recalcado, creo que é de grande importancia, tal e como afirma sempre a propia docente, crear un ambiente que motive ao alumnado, polo tanto as actividades de warmup e bellwork poden propiciar ese contexto motivador.  Centrándonos na comprensión escrita, pareceume moi interesante dúas actividades que fixemos: The 3 minute test e o texto de means of transport . Ambas poden servirnos de exemplo para realizar actividades similares sobre comprensión escrita para axudar así ao alumnado a ter unha perspectiva distinta sobre os coñecidos readings . Con isto quero dicir que se o alumnado se atopa cun texto que lles frusta, que non entenden ou que sim