Sesión Gonzalo: Didáctica da ensinanza das linguas estranxeiras. Dossier
PRIMEIRA SESIÓN Na primeira sesión co docente Gonzalo Fontenla comezouse cunha introdución da derradeira materia do mestrado. Tras a presentación, fixemos por primeira vez unha actividade utilizando o diagrama de Venn para proceder a debater as similitudes e diferenzas entre a lingua materna e a lingua estranxeira. Este diagrama componse de dous círculos sobrepostos que nos deixan tres ocos para establecer as devanditas similitudes e diferenzas que completamos en grupo, posteriormente debatendo os nosos resultados con outro grupo. A continuación podemos atopar os resultados da actividade co diagrama. Xa rematado o debate co diagrama, o docente procedeu a definirnos as linguas segundo do contexto de aprendizaxe, así diferenciamos os seguintes conceptos: · Lingua inicial: a primeira lingua que un neno ou unha nena adquiren antes da etapa escolar e de maneira inconsciente sen ningún tipo de intención ...