Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como tarefa virtual

Tarefa virtual: Presentación

Imagen
Mediante este traballo virtual sobre as metodoloxías de traballo pedagóxico-didácticas nunha aula, pedíusenos investigar dúas destas metodoloxías e crear dúas tarefas en relación á Unidade Didáctica que creamos na materia de Deseño Curricular e Organización de Centros. Pareceume interesante contrapoñer dúas metodoloxías que se asemellan moito: o traballo por tarefas e o traballo por proxectos.  Por un lado, o traballo por tarefas baséase na utilización de diversas actividades nun contexto real e concreto para a obtención dun produto final claro. Isto en palabras sinxelas, poderíase resumir na adquisición dun coñecemento en concreto a través de actividades que teñen unha secuenciación clara e concisa, pola cal o alumnado vai adquirir un coñecemento concreto. En definitiva, trátase dunha metodoloxía moi utilizada na actualidade polos seus grandes resultados e que se pode aplicar dunha maneira moi positiva ao proceso de aprendizaxe e ensino de linguas.   Polo seu...

Traballo virtual: Traballo por tarefas.

Un exemplo ben claro do traballo por tarefas podería ser o seguinte, unha tarefa sinxela cunha serie de actividades que levan unhas a outras. Neste caso, tentando saír do dinamismo da materia de primeira lingua estranxeira, procederemos a crear un glosario relacionado coa perspectiva de xénero e os micromachismos , con motivo do 25 de novembro polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O produto final que se busca é a creación dun vídeo con toda a terminoloxía que se recolla ao longo da tarefa. Ademais, ao tratarse dun tema de tanta importancia poderiamos utilizar este exemplo e aplicalo en calquera curso da Educación Secundaria Obrigatoria ou Bacharelato. O primeiro paso que debemos levar a cabo é a explicación de todo o proceso ao alumnado, amosándolles os recursos básicos a utilizar (bibliografía, webgrafía , etc...). A continuación, pedirémoslle ao alumnado que dea a súa opinión sobre temas tan controvertidos, tentando que sexan capaces de aportar unha opinión, d...

Tarefa virtual: Traballo por proxectos

Un claro exemplo do traballo por proxectos podería ser o blogue que desenvolvín ao longo da miña Unidade Didáctica que chamei: The World We Live, The World We Know . Esta unidade didáctica esta formada por un proxecto interdisciplinar entre tres materias: Inglés, Tecnoloxía e Xeografía e Historia; ademais o contexto no que se desenvolve é unha clase de 4º curso da ESO nun aula de 20 alumnos e alumnas. Mais aquí ímonos centrar nas tarefas da nosa materia de linguas estranxeiras, que conta con sete tarefas distintas, que á súa vez teñen as súas correspondentes actividades. Mediante esta UD o que se pretende é que os rapaces creen un blogue sobre os puntos máis interesantes dunha cidade europea así como da súa propia vila, neste caso trataríase da vila de Noia.  Ademais, a través desta UD traballaremos, na materia de Tecnoloxía, as diferentes formas de crear un blogue; na materia de Xeografía e Historia, a historia dos países anglófonos, a arte e a cultura galegas e faremos u...