Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como tema 3

Tema 3

Imagen
O traballo por proxectos é unha metodoloxía que permite e aporta ao proceso de ensinanza-aprendizaxe unha perspectiva moito máis dinámica e centrada no alumnado. Esta metodoloxía pon ao alumno ou alumna no centro de todo o proxecto a realizar, mentres que o profesorado é un simple mediador entre a información necesaria e a estruturación de cada actividade do proxecto. Por un lado, os proxectos fan que o alumnado desenvolva as máis que coñecidas competencias básicas, tales como: competencia dixital, aprender a aprender ou a de autonomía e iniciativa persoal (Arias et al., 2009). Por outro lado, permite ao profesorado implicar dunha forma activa ao alumnado na construción do propio coñecemento aplicando situacións reais que permitan valorar as experiencias e os coñecementos aplicados polo alumnado. Ademais, tamén facilita a propia motivación do alumnado, permitíndolles crear un proxecto dende cero tendo en conta as súas necesidades e os seus intereses. Polo tanto queda claro a cantidad...