Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como primeira sesión

Primeira Sesión Luz Valencia

Imagen
Benvidas e benvidos de novo a este pequeno blogue, hoxe comezarei coa primeira entrada para a docente Luz Valencia. Gustaríame comezar facendo unha breve reflexión sobre a aula a nivel xeral, para despois centrarme nos aspectos que me pareceron máis interesantes. Polo tanto, a modo de inicio e como teño establecido na anterior entrada para a docente Ana, quero remarcar a grande importancia de contar con docentes que imparten en secundaria. O motivo do meu interese, como da maioría das compañeiras, débese a que cobra unha gran relevancia ter exemplos directos das diferentes prácticas que podemos adoptar e ás que nos vamos enfrontar no noso futuro. Ademais, na miña opinión é o achegamento máis directo que temos da realidade dunha clase, aportándonos coñecementos prácticos e facendo, polo menos no meu caso, que teñamos unha maior seguridade á hora de utilizar diferentes metodoloxías e recursos que nos poden axudar unha vez comecemos as prácticas no mes de febreiro. Os puntos qu...

Primeira Sesión Ana Fontenla

Imagen
O martes, 16 de xaneiro do 2018, tivemos a nosa primeira sesión coa docente Ana Fontenla, profesora no IES Carlos Casares. Primeiramente, gustaríame dicir que me parece moi interesante e totalmente esencial ter contacto real coa secundaria neste mestrado, posto que o noso obxectivo principal é impartir clases nun futuro na ESO e bacharelato. Polo tanto, esta primeira toma de contacto real cunha profesora que imparte clase en secundaria e bacharelato, pareceume moi importante á vez que práctica. Deixamos de lado a parte tan teórica deste mestrado, para meternos de cheo no que nos imos enfrontar xa non só no noso futuro como docentes, senón nas propias prácticas que debemos realizar a partir do mes de febreiro nun instituto. Ademais, este aspecto creo que foi moi ben acollido por todas as miñas compañeiras, xa que precisabamos deixar dun lado a teorización para achegarnos un pouco máis á práctica docente real.  Como comezo, pareceume clave a insistencia que se fixo ao i...