Tema 6. Diario: EDUlingüe 2020

Un tema que me provocou unha grande inquedanza en relación co tema 6 do docente Gonzalo, foi o proxecto Edulingüe que pretende levar a cabo a Xunta de Galicia para o ano 2020. Isto débese a que todo o texto me parece unha pretensión utópica que, tendo en conta a realidad social actual de Galicia, me parece imposible de levar a cabo. Como xa dixen en infinidade de ocasións, a teoría no papel pode quedar moi bonita, mais a práctica é un tema totalmente diferente.



Está claro que o ensino de idiomas é clave na educación de todo o alumnado galego, e que nun mundo onde reina unha economía capitalista e glozabalizada cada vez é máis necesario coñecer todo o que nos rodea, tanto culturas como idiomas distintos, para así despois poder ter un futuro laboral con moitas máis posibilidades. Pero na miña opinión non se pode pretender levar a cabo un proxecto tan ambicioso se a realidad do contexto non o permite. Primeiramente, creo que isto é totalmente imposible posto que na Galiza actual o alumnado ten un grande descoñecementos das súas propias linguas, sendo moitas veces incapaces de expresarse correctamente. 

En segundo lugar, creo que isto afectaría gravemente ao ensino das linguas estranxeiras: déixase dun lado o papel que temos os docentes de idiomas, quitándolle importancia ao seu papel no ensino e relegando este a docentes doutras materias como bioloxía, física ou historia. Como imos pretender que un docente non especializado en linguas imparta a súa materia se antes non milloramos a propia ensinanza de linguas estranxeiras?

En defintiva, creo que queda bastante claro que un proxecto deste calibre e tan ambiciosa podería ser un grande plan de futuro para a nosa educación, pero a realidade da nosa comunidade autónoma non permite que se invirtan case 70 millóns de euros nun plan que non se poderá levar a cabo na súa totalidade, mentres proxectos como a normalización lingüística seguen a estar pendurados dun cordel con pinzas.

Comentarios

  1. Ola Mariña, estou totalmente de acordo contigo con que este proxecto é totalmente ambicioso e surrealista, pero
    gustaríame saber que alternativa oh solución le darías ti a este problema con respeto ao aprendizaxe de linguas estranxeiras.

    ResponderEliminar
  2. Boas, Mariña!

    No noso grupo de clase tamén estamos de acordo totalmente co teu punto de vista: trátase dun plan extremadamente utópico e ambicioso que, parece, non ten en conta nin a situación da que partimos para a súa satisfactoria aplicación. Na actividade para debater este documento expuxemos máis aspectos negativos que positivos desta medida.

    Non obstante, tamén sería interesante ver que propostas existen entre nós, que seremos o futuro desta profesión, tal como cuestiona Andrea no comentario anterior.

    Aínda que si que estamos de acordo en que se trata dunha proposta utópica, gustaríame deixar sobre a mesa a posibilidade de mellorar pouco a pouco a situación para así, algún día máis cedo que tarde, consigamos todos estes obxectivos que hoxe consideramos como inalcanzables.

    A colación desta idea gustaríame invitarte a ver a miña entrada de diario dos temas 7-8 (https://learnandenjoywithvera.blogspot.com.es/2017/12/7-8-diario.html) na que falo sobre a célebre cita "think global, act local" e de que xeito poderiamos aplicalo para acadar todos os nosos propósitos docentes.

    Moitas grazas polo teu post, Mariña!

    ResponderEliminar
  3. Ola Mariña!
    Encantoume a túa reflexión e é que é totalmente verdad. Queren que os rapaces aprendan a lingua inglesa coa excusa de que saber idiomas é bó, pero só os idiomas que a eles lles parecen. Por suposto que é bo aprender da cultura doutros países pero tamén é importante coñecer e defender a cultura dun mesmo. Por sorte, nós, os profesores do futuro temos moi claras as prioridades.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Terceira Entrada Luz Valencia (06/02/18)

Entrada sesión Ana Fontenla e Luz Valencia (7/02/2018)