Traballo virtual: Traballo por tarefas.



Un exemplo ben claro do traballo por tarefas podería ser o seguinte, unha tarefa sinxela cunha serie de actividades que levan unhas a outras. Neste caso, tentando saír do dinamismo da materia de primeira lingua estranxeira, procederemos a crear un glosario relacionado coa perspectiva de xénero e os micromachismos, con motivo do 25 de novembro polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O produto final que se busca é a creación dun vídeo con toda a terminoloxía que se recolla ao longo da tarefa. Ademais, ao tratarse dun tema de tanta importancia poderiamos utilizar este exemplo e aplicalo en calquera curso da Educación Secundaria Obrigatoria ou Bacharelato.

O primeiro paso que debemos levar a cabo é a explicación de todo o proceso ao alumnado, amosándolles os recursos básicos a utilizar (bibliografía, webgrafía, etc...). A continuación, pedirémoslle ao alumnado que dea a súa opinión sobre temas tan controvertidos, tentando que sexan capaces de aportar unha opinión, defendela e expresarse nun idioma que non é o seu. 

Seguidamente, o alumnado repartirase en grupos e procederán a buscar os termos máis interesantes para elas e eles a partires dos recursos que lles aportamos. Tamén poderán utilizar os seus propios recursos, sempre e cando o profesorado dea o visto bo. O seguinte paso sería a posta en común de todos os termos que foron elixindo e a explicación do por que. 

Finalmente, cada alumna e cada alumnado terá que elixir entre dous e catro termos da lista que terá que presentar no vídeo final que faremos e presentaremos o 25 de novembro.


Obxectivos
Os obxectivos xerais, recollidos no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, que tentamos traballar mediante esta tarefa son:
a)      Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto ás demais persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e os grupos, exercitarse no diálogo, afianzando os dereitos humanos e a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, como valores comúns dunha sociedade plural, e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática.

c)      Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de sexo ou por calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres, así como calquera manifestación de violencia contra a muller.

d)      Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo e os comportamentos sexistas, e resolver pacificamente os conflitos.

i)        Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada.

Ao tratarse dunha tarefa que se podería realizar en diferentes cursos non vou establecer aquí nin criterios, estándares ou bloques de contido concretos. Mais os bloques poderían estar relacionados principalmente coa capacidade do alumnado de expresarse oralmente na lingua estranxeira, así como as estratexias de comprensión tanto escrita como oral.

Comentarios

  1. Prezada Mariña: encántame esta tarefa. Penso que a temática é moi acertada, e o feito de vinculala coa celebración do día Internacional contra a violencia de xénero ofrece ese punto de motivación a través da actualidade que lles vai permitir tamén relacionar o que fan na escola co que viven en sociedade. Daríaslle ti os termos ou terían que buscalos elas/es? Que clase de software empregarías para a elaboración do vídeo? Estaría o vídeo colgado nalgunha plataforma pública, para que poidan ver o impacto (en reproduccións) que ten? Se te animas a levar a cabo esta actividade, cóntame qué tal che foi!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas polo teu comentario e desculpa pola resposta tardía. Pois en resposta ás túas preguntas, principalmente gustaríame que o propio alumnado dese cos termos, mais se existe algún problema aportaría un termos base a partir dos cales eles mesmos poderían comezar a súa busca. O software que utilizaría podería variar dependendo do coñecemento informático do alumnado, dende o creador de vídeos de windows pasando por softwares como o Pinnacle ou Movie Studio. E en canto á plataforma, dependendo xa dos permisos dos titores legais do alumnado poderíase subir á plataforma Youtube para poder compartilo con toda a comunidade educativa e co público xeral.
      De novo, grazas polo teu comentario e ogallá poida levalo a cabo nalgún momento.

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Entrada sesión Ana Fontenla e Luz Valencia (7/02/2018)

Tema 6. Diario: EDUlingüe 2020

Sesión debate 8/3/2018