Tarefa virtual: Traballo por proxectos



Un claro exemplo do traballo por proxectos podería ser o blogue que desenvolvín ao longo da miña Unidade Didáctica que chamei: The World We Live, The World We Know. Esta unidade didáctica esta formada por un proxecto interdisciplinar entre tres materias: Inglés, Tecnoloxía e Xeografía e Historia; ademais o contexto no que se desenvolve é unha clase de 4º curso da ESO nun aula de 20 alumnos e alumnas. Mais aquí ímonos centrar nas tarefas da nosa materia de linguas estranxeiras, que conta con sete tarefas distintas, que á súa vez teñen as súas correspondentes actividades. Mediante esta UD o que se pretende é que os rapaces creen un blogue sobre os puntos máis interesantes dunha cidade europea así como da súa propia vila, neste caso trataríase da vila de Noia. 

Ademais, a través desta UD traballaremos, na materia de Tecnoloxía, as diferentes formas de crear un blogue; na materia de Xeografía e Historia, a historia dos países anglófonos, a arte e a cultura galegas e faremos un roteiro pola propia vila. Finalmente, na nosa materia de Inglés, traballaremos vocabulario específico que nos axudará na publicación das entradas do blogue, traballos en grupo para fomentar a cooperación e a colaboración entre o alumnado e a utilización das TIC’s para conseguir que o alumnado se motive en todo momento. A metodoloxía que imos utilizar fundamenta as súas bases na coñecida Investigación na escola, ademais as estratexias didácticas atópanse en todo momento en concordancia co traballo por competencias. Un punto moi importante da práctica docente é a busca dun traballo activo que tanto caracteriza á metodoloxía pedagóxica do traballo por proxectos. 

En definitiva, levaremos a cabo un traballo por proxectos, onde se pretende facer que o alumnado sexa quen de reflexionar, ser críticos, desenvolver un pensamento autónomo e de crear, formular e reformular diferentes hipóteses nunha lingua estranxeira.


Bloques de contidos

Os bloques de contidos que se tratan ao longo da UD foron os seguintes:
B1.1, B2.1, B3.1, B4.1, B5.1 , B5.2, B5. 3. , B5.5., B5.6. 


Obxectivos

Dos obxectivos xerais da etapa específica da ESO, recollidos no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, traballáronse os seguintes: a) b) d) f) g) h) i) l)

Mentres que por outro lado, contamos con oito obxectivos didácticos:

  • Ser quen de elixir individualmente un contido concreto (cidade) para poder desenvolver autonomía nos traballos diarios.
  • Desenvolver as capacidades de expresión escrita no idioma estranxeiro para aplicar na vida cotiá.
  • Utilizar bibliografía específica como dicionarios, enciclopedias ou recursos electrónicos para poder identificar os recursos axeitados
  • Aplicar os coñecementos estudados nas asignaturas de Xeografía e Historia e Tecnoloxía para amosar a capacidade do alumnado de traballar de forma interdisciplinaria 
  • Deseñar textos orixinais en outro idioma non cooficial para poder sintetizar, expresar con adecuación e recoñecer información relevante. 
  • Cimentar os coñecementos xerais do idioma para aplicalos á vida real e en casos específicos. 
  • Recoñecer o vocabulario específico para poder utilizalo de forma correcta. 
  • Utilizar textos paralelos para coñecer a estructura e información típica de diversos estilos e tipos de textos (artigo, guía turística, ensaio, presentacións...)


Criterios de avaliación

Os diferentes criterios de avaliación que imos utilizar serán:
B 1.1, B 2.1, B2.2, B2.3, B2.4, B2.5, B3.1, B3.2, B3.3, B4.1, B4.2, B4.3, B4.4, B4.5, B4.6, B5.1, B5.2, B5.3, B5.6, B5.7 e B5.9.

Estándares de aprendizaxe

Finalmente, os estándares a utilizar serán os seguintes:
PLEB1.1., PLEB1.4., PLEB1.5., PLEB1.7, PLEB1.8., PLEB2.1., PLEB2.2., PLEB2.3., PLEB2.5., PLEB2.6., PLEB3.1., PLEB3.2., PLEB3.3., PLEB3.4., PLEB3.5., PLEB4.4., PLEB4.8., PLEB5.1., PLEB5.2., PLEB5.4., PLEB5.5., PLEB5.6., PLEB5.7.

Ao tratarse dunha cantidade moi grande de obxectivos, criterios e estándares de avaliación e bloques de contidos só mencionamos a súa referencia posto que se poderían comprobar no currículo de Inglés como primeira lingua de 4º curso da ESO.

A modo de conclusión, creo que mediante este exemplo queda bastante claro como se podería levar a cabo un traballo por proxectos e a magnitude que podería ter. É unha metodoloxía que require unha grande cantidade de traballo e de tempo invertido.

Comentarios

  1. ¡Hola, Mariña! Creo que tu propuesta es muy acertada, ya que el aprendizaje por proyectos es perfecto para combinar el trabajo entre distintas materias. Con tu planteamiento, los alumnos y alumnas pueden adquirir conocimientos que les resultarán útiles en la vida real a la vez que aprenden de forma autónoma y desarrollan sus capacidades de manera integral.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Entrada sesión Ana Fontenla e Luz Valencia (7/02/2018)

Tema 6. Diario: EDUlingüe 2020

Sesión debate 8/3/2018