Tarefa virtual: Presentación
Mediante este
traballo virtual sobre as metodoloxías de traballo pedagóxico-didácticas nunha
aula, pedíusenos investigar dúas destas metodoloxías e crear dúas tarefas en
relación á Unidade Didáctica que creamos na materia de Deseño Curricular e
Organización de Centros. Pareceume interesante contrapoñer dúas metodoloxías
que se asemellan moito: o traballo por tarefas e o traballo por proxectos.
Por un lado, o
traballo por tarefas baséase na utilización de diversas actividades nun
contexto real e concreto para a obtención dun produto final claro. Isto en
palabras sinxelas, poderíase resumir na adquisición dun coñecemento en concreto
a través de actividades que teñen unha secuenciación clara e concisa, pola cal
o alumnado vai adquirir un coñecemento concreto. En definitiva, trátase dunha
metodoloxía moi utilizada na actualidade polos seus grandes resultados e que se
pode aplicar dunha maneira moi positiva ao proceso de aprendizaxe e ensino de
linguas.
Polo seu lado, o
traballo por proxectos require unha maior dedicación e unha labor moito máis
grande no tempo. Dentro desta metodoloxía poden existir diferentes traballos
por tarefas, é dicir, diferentes series de actividades secuenciadas que dan
lugar a produtos intermedios, que posiblemente formarán parte dun produto
final.
En definitiva,
son dúas metodoloxías que requiren unha grande coherencia interna, conseguindo
unha aprendizaxe significativa grazas a uns métodos activos, buscando sempre o
desenvolvemento máximo do alumnado como individuo e grupo. Preséntansenos como
dúas metodoloxías que se inclúen unha dentro da outra, pero que ben se poderían
traballar por separado.
Estas dúas
metodoloxías presentarémolas en publicacións separadas, posto que son entradas
demasiado longas.
Aquí tendes os enlaces para as entradas:
Traballo por proxectos
Traballo por tarefas
Aquí tendes os enlaces para as entradas:
Traballo por proxectos
Traballo por tarefas
Comentarios
Publicar un comentario