Temas 7 e 8. Dossier
Os temas 7 e 8 tratáronse nas últimas dúas sesión que tivemos co docente Gonzalo. Mais antes rematamos o tema 6 mediante un debate piramidal sobre as conexións que existían entre os departamentos lingüísticos das distintas linguas en educación secundaria, finalizando cunha presentación da nosa compañeira Laura sobre o Proxecto lingüístico de centro.
Volvendo aos temas que nos incumben, na primeira sesión utilizamos de novo o debate piramidal sobre as metodoloxías que se utilizaron ao longo da nosa educación secundaria nas materias de linguas estranxieras. Neste caso a maioría das opinións sempre se utilizaron as metodoloxías centradas no ensino da gramática inglesa, mediante exercicios de repetición, memorización e métodos tradicionais. Posteriormente, o docente Gonzalo presentounos mediante a plataforma Prezi para achegarnos un pouco máis ás distintas metodoloxías que se poden utilizar nunha aula de secundaria.
A continuación, analizamos o coñecido método Ferrier cun novo Google Drive que nos compartiu o docente. Neste documento traballamos dunha forma crítica os aspectos positivos e negativos sobre este método, e a opinión xeralizada foi a súa arcaicidade. Finalmente, o compañeiro Roberto mostrounos a través da súa presentación os métodos audiolingüístico e o enfoque comunicativo.
Na segunda sesión, traballaron a través dunha actividade coñecida como puzzle, na que, formando grupos, tiveron que analizar 5 aspectos propostos dunha unide didáctica pertencente a un libro de texto. Posteriormente, tras analizar individual e grupalmente estes aspectos, pásase a debatir con membros doutros grupos e a volta de novo ao grupo inicial. O obxectivo deste actividade foi a de utilizar recursos dos libros de texto de xeitos moi interesantes.
Tras esta actividade realizáronse unha serie de presentacións: Clara tratou o tema do ensino por proxectos; Emma comparou os resultados de diversos informes educativos entre España e Inglaterra; e finalmente Carmen e Sabela presentaron unha serie de países con resultados moi positivos na educación como Canadá ou Finlandia.
Comentarios
Publicar un comentario