Temas 7 e 8. Diario

O que creo que foi máis interesante destas últimas sesións da materia de As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional, foi a comparativa que se fixo cos diferentes países europeos. Creo que na actualidade o sistema educativo español conta con un gran número de deficiencias, xa non só nas materias de linguas estranxeiras, senón que creo que é un problema de base como xa establecín en varias ocasións. Hai diversos factores que poden influír na calidade dun sistema educativo, dende as metodoloxías que se utilizan, pasando polo valor que se lle dá ao papel do profesorado, ata as condicións nas que se desenvolve o proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Está claro que se debe levar a cabo unha reforma educativa pero, baixo que condicións? Debemos tomar como exemplo outros países? Os países nórdicos son coñecidos a nivel mundial pola grande calidade de toda a súa educación, sen embargo non todos os sistemas precisaron de reforma. Un exemplo moi claro é o de Finlandia, un país que practicamente non sufriu reformas educativas, e cando se realizaron foi para adaptarse á realidad social e económica actual. A comezos deste ano 2017, o goberno finlandés decidiu levar á práctica un novo sistema onde desaparecerían as materias, adaptándose á sociedade do século XXI, para así millorar as capacidades e habilidades dunha nova xeración. 



Polo tanto, é necesario levar a cabo unha grande cantidade de reformas como sufriu o noso sistema educativo? Finlandia podería ser un exemplo moi claro de todo o contrario. Sen embargo, outra pregunta que se nos pode vir á mente é: Poderíamos tomar como exemplo e adaptar un sistema educativo tan avanzado e distante do noso? A miña opinión creo que é bastante pesimista, xa que non vexo por ningún lado a posibilidade de tomar un sistema educativo que para a nosa sociedade resultaría utópico. O problema atópase nas raíces da educación en España, se as bases tremen, tremerán os pilares que van construíndo todo o edificio. Cal sería entón a solución? Segundo o que eu creo, debemos levar a cabo unha reforma educativa total, dende as bases ata o final, unha reforma que teña en conta todas as problemáticas que existen dentro do propio sistema e levar a cabo un cambio a longo prazo que reforce todas as deficiencias e as brechas que se foron creando dende o comezo da democracia.

Comentarios

  1. ¡Hola Mariña! Enhorabuena por tu entrada, pienso que tienes razón en lo que dices. España necesita una reforma educativa total y que posteriormente sea estable, no que cambie dependiendo del color que haya en el gobierno. Por no hablar de que debería tener en cuenta también al profesorado y al alumnado.
    Con respecto a Finlandia, pienso que tiene un sistema educativo ejemplar, pero obviamente no se puede copiar y aplicar todo al español, ya que también influyen otro tipo de cosas, como el clima. Aún así, hay puntos clave que sí deberíamos intentar integrar en España como es el respeto hacia los profesores, la atención a la diversidad, la autonomía de los centros o simplemente la estrecha relación que tienen los familiares con estos.
    Espero que nosotras como futuras docentes podamos aportar nuestro granito de arena para que esto mejore.
    Un saludo.

    R.

    https://aslinguasestranxeirasnomundo.blogspot.com.es/

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Entrada sesión Ana Fontenla e Luz Valencia (7/02/2018)

Tema 6. Diario: EDUlingüe 2020

Sesión debate 8/3/2018