Segunda Sesión Ana Fontenla
Na segunda sesión coa docente Ana Fontenla tratamos diversos temas: os xa coñecidos warmup ou bellwork, a compresión escrita, o concepto de indefensión aprendida. De novo tratouse de facer unha sesión a través de actividades prácticas que amosan de forma máis clara as diferentes metodoloxías e perspectivas que podemos adoptar. Como xa teño recalcado, creo que é de grande importancia, tal e como afirma sempre a propia docente, crear un ambiente que motive ao alumnado, polo tanto as actividades de warmup e bellwork poden propiciar ese contexto motivador. Centrándonos na comprensión escrita, pareceume moi interesante dúas actividades que fixemos: The 3 minute test e o texto de means of transport . Ambas poden servirnos de exemplo para realizar actividades similares sobre comprensión escrita para axudar así ao alumnado a ter unha perspectiva distinta sobre os coñecidos readings . Con isto quero dicir que se o alumnado se atopa cun texto que lles frusta, que non entenden ou que...