Tarefa Competencias Clave. Illas Cíes, World Heritage
Como ben establecín na primeira entrada para a docente Luz Valencia, esta segunda publicación estará adicada á tarefa que se nos encomendou de deseñar unha actividade na que se traballen polo menos dúas competencias clave ademais da competencia lingüística. Posto que nos atopamos estudando na cidade de Vigo, poderíamos traballar de infinidade de maneiras tendo en conta o patrimonio histórico da cidade. Hai diversas maneiras das que podemos comezar a nosa activadade en relación con: a evolución da estructura da cidade, o porto internacional en desenvolvemento continuo e os diversos cruceiros que se achegan a estas costas, así como en relación cos edificios e localizacións históricas como poden ser O Castro, O pazo de Quiñones de León, ou incluso con eventos de grande importancia como a presenza do Pergamiño Vindel na cidade. Nesta caso gustaríame aproveitar un evento que está cobrando cada vez máis importancia na cidade: a candidatura que se pretende levar das Illas Cíes como ...