Tema 2: O ensino de linguas no presente modelo edutativo, nacional e autonómico.

Esta terceira sesión da materia As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional, tratamos o tema 2: O ensino de linguas no presente modelo edutativo, nacional e autonómico. Principalmente centráomonos no contexto que roeadn ao proceso de ensino e aprendizaxe das diferentes linguas estranxieras. Debemos ter sempre en conta que a docencia non só se ve influenicada polo contexto inemdiato, senón que depende en gran maneira das promulgacións que fagan as administracións con respecto ás linguas estranxeiras. Dentro destas adminsitracións destacan en maior medida: a Unión Europea e o Marco común europeo de referencia para as linguas; as lexilascións do Ministerio de educación e as da Consellería de educación e ordenación universitaria de Xunta de Galicia.Todo este contexto normativo e lexislativo deriva unha serie de problemáticas relacionadas con todos os axentes educativos, tales como: as situacións familiares a nivel social e económico, a diversidade de alumnado que obriga ao profesorado a ter en conta a coñecida “atención á diversidade” ou a actualización coas novas tecnoloxías entre outras moitas. 

Sen embargo, creo que existen dous principais problemas que os docentes se teñen que enfrontar ao longo de todo o proceso son a súa propia actualización na práctica docente e a necesidade de acadar uns resultados que se adecúen aos requisitos externos do MCERL, ámbalas dúas en continua relación. Aínda que os datos que se nos dan dende o informe do curso 2010-2011 indícannos unha positiva participación do 69,4% do profesorado en materia de innovación, a implicación da formación do profesorado difire grandemente, tendo só un 14,2% de participación na formación en linguas estranxeiras. 

Estas dúas problemáticas poden influír negativamente na práctica docente, incidindo na calidade da educación que se lles ofrece ao alumnado. A deficiencia de actualización da práctica docente, xunto coa necesidade de ter en conta os requisitos do MCERL fan que o ensino se vexa dificultado. Principalmente inflúe na calidade xa que a continua formación e actualización nunha lingua estranxeira creo que é a base da ensinanza. Os idiomas van avanzando co tempo e o contexto, polo tanto o profesorado debería facer o mesmo, non só centrarse no ensino gramatical senón tamén evolucionar coa lingua. Mais esta problemática de actualización e formación non só se debe a que parte do profesorado decida non facelo, senón que tamén creo que se debe a unha mala planificación, posto que as horas que deben investir nesa formación moitas veces son inexistentes ou insuficientes. 

Creo que se trata dun problema de base, xa que non só depende dos docentes, senón das lexislacións e normativas que se lles apliquen na súa práctica. Primeiramente deberían crearse unha lexislación moito máis reais, é dicir, que se adecúen á realidade que vive a educación cuns obxectivos igual de reais. Non se poden aplicar as esixencias do MCERL en canto aos niveis requiridos, partindo da base de que non se acadan as competencias nos cursos máis básicos da ensinanza. Quizais un comezo máis temperá da aprendizaxe de linguas sexa positivo tanto para o profesorado como para o alumnado, así como un cambio metodolóxico nas aulas. Ademais, unha replanificación da dedicación en horas do profesorado en relación á súa propia actualización e formación, en conxunto cun maior atractivo deses programas podería ser unha forma de resolver esta problemática. Todo isto levaríanos a un debate moito máis amplo sobre o propio sistema educativo que aquí non tería sentido mencionar. 

En definitiva, creo que tanto a ensinanza de linguas como a súa práctica docente supoñen un dos retos máis complicados da educación. Isto débese a que tanto a metodoloxía como os recursos terán sempre que depender dun contexto que varía tanto como a cantidade e diversidade existente de axentes educativos. Un aumento de horas de aulas da ensinanza de linguas estranxeiras podería ser unha boa solución para incrementar o nivel e a calidade da súa ensinanza; mais se non temos en conta a formación do profesorado nunca poderemos avanzar. 

Referencias bibliográficas: 

  • As linguas estranxeiras no sistema educativo de Galicia. Percepcións do profesorado, do alumnado e das súas familias ao remate do bacharelato. Informe Curso 2010-2011. (2012). Consello Escolar de Galicia. Xunta de Galicia.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Terceira Entrada Luz Valencia (06/02/18)

Entrada sesión Ana Fontenla e Luz Valencia (7/02/2018)

Tema 4: o deseño curricular. Diario