Tema 5 Diario
Nesta segunda sesión tratamos un tema tan importante pero tan controvertido como o é a programación didáctica en secundaria e nas EOIs. Como establecín en anteriores entradas neste blogue, creo que a programación didáctica require un gran traballo, non só se basea no copia e pega dunha serie de contidos, criterios de avaliación e estándares. Primeiro deberíamos ter en conta as fontes a utilizar para crear as bases e os principios que queremos levar a cabo e que son imprescindibles no noso deseño da programación.
Unha vez teñamos clara a contextualización onde imos desenvolver o noso traballo e a xustificación tanto lexislativa como epistemolóxica, aí é onde comeza realmente o traballo do profesorado, o noso futuro traballo. Segundo a miña opinión o que realmente vai ser clave na nosa programación son as unidades didácticas, que é o que vai establecer todas as liñas do traballo ao longo dun ano escolar. Obviamente as unidades didácticas guiarannos durante os tres trimestres nos que traballaremos co alumnado. Mais creo que nunca podemos esquecer a tan coñecida atención á diversidade, algo que podemos mencionar brevemente como un camiño a seguir en todas as nosas unidades didácticas, dependendo da metodoloxía e dos recursos que vaiamos a utilizar.
Creo que esta atención á diversidade é un punto de inflexión nas programacións didácticas posto que repercutirá enormemente no desenvolvemento destas na propia aula, que ao final é o importante. Creo que é importante mencionar que aínda que unha programación sexa excelente e se redacte dunha forma impoluta non quere dicir que posteriormente se leve a cabo dunha forma correcta na realidade da aula.
En definitiva, o que me gustaría expresar a través desta publicación é a importancia de ter sempre en conta a teoría pero tamén a práctica docente, algo que se pode ver nas propias lexislacións educativas, que chegan a ser moi bonitas e moi ben redactadas en papel pero que en moitas ocasións son dificilmente aplicables á realidade educativa.
Boas Mariña, comparando varias entradas con respecto á programación vexo que cada compañeiro resalta uns elementos ou outros. Alégrame que poñas énfase na atención á diversidade. Pois pode ser que sexa un dos máis grandes retos no contexto no que vivimos. Saúdos!!
ResponderEliminarOla Mariña,
ResponderEliminarComo dixo Lorena, paréceme moi interesante que fagas referencia na túa entrada á atención a diversidade. Como Lorena e coma ti, coincido en que este aspecto é sin duda algo que se debe ter moi en conta no proceso educativo en xeral pero que tamén se debe por en práctica dun xeito adecuado. Sin embargo, a pesar da súa innegable importancia, penso que a maioría do camiño aínda está por recorrer, xa que moitos dos alumnos que presentan algún tipo de particularidade non son tidos en conta. En moitos casos, o seu baixo rendimento escolar achácase a simple vagancia ou falta de interese. Este, por desgracia, soe ser o caso nos alumnos que presentan altas capacidades intelectuais. Penso que é moi desafortunado non só para os alumnos senón para a sociedade en xeral o descoñecemento hacia calqueira tipo de particulariedade que saia do normal. Desde xeito, paréceme que este é un dos principais problemas que conlevan o alto fracaso escolar e que por tanto, o profesorado debería recibir una formación más específica para poder reaccionar adecuadamente ante este tipo de casos, algo que, sen duda, nos beneficiaría a todos.
Bos días María!
EliminarPenso totalmente coma ti, pero creo que sería bastante complicado meter máis horas de formación ao profesorado en temas pedagóxicos, aínda así poderíase facer todo máis sinxelo se se levaran a cabo, quizáis, cursos obligatorios para o profesorado.